15 de Decembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os socialistas demandan á xunta que licite de xeito urxente o dragado do Porto Chico en Foz

13-08-19

 Foz (Lugo), 13 de agosto de 2019. A Secretaria Provincial Social e Deputada Autonómica, Patricia Otero avanzou que rexistrou unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia coas que insta a Xunta de Galicia a que licite, de xeito urxente, o dragado do Porto Chico de Foz.

Nas iniciativas rexistradas na Cámara Autonómica, a Deputada mariñiña sinala que “o dragado do porto deportivo de Foz, Porto Chico, é un tema que se leva denunciando dende fai moitos anos. Pescadores deportivos de forma individual, asociacións, clubs, socorristas e partidos políticos levan anos denunciando a falla de calado que sufre o porto deportivo de Foz, Porto Chico, no que atracan moitas embarcacións e tamén varias zodiacs de salvamento, entre elas a que emprega Protección Civil de Foz e tamén os socorristas de Barreiros”.

Así as cousas, Otero lembra que “o Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade unha Proposición na Comisión 8ª na que se lle instaba á Xunta de Galicia a que realizara esta obra de dragaxe de xeito urxente. Pero a día de hoxe a falla de calado e as malas condicións de abrigo das instalacións do Porto Chico de Foz seguen empeorando, sen que a Xunta de Galicia aporte solución algunha”.

Segundo se pode constatar “a falla de calado implica que as embarcacións teñan problemas para entrar e saír de dito porto, coa conseguinte falla de seguridade que isto implica. Concretamente fai uns dias os socorristas de Barreiros tiveron que actuar dende a praia para socorrer a varios bañistas ante a imposibilidade de empregar a súa zodiac de salvamento, atracada no Porto Chico de Foz, que debido a esa falla de calado impediu saír do porto de Foz ás embarcacións de salvamento”, sinalan.

Alcalde de Foz
Pola súa banda o Alcalde de Foz, Francisco Cajoto, remarcou que dende o PSdeG-PSOE de Foz ten amosado publicamente o respaldo ás iniciativas que instaban a Portos de Galicia a acometer de xeito urxente a dragaxe do Porto Chico de Foz. Xa en 2013 aprobouse por unanimidade do Pleno do Concello de Foz unha moción do Grupo Socialista focense na que se lle instaba á Xunta de Galicia a que acometera esta dragaxe.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive