14 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Aula CeMIT de Barreiros acollerá este luns, día 16 de setembro, ás 12 horas, a charla “Dálle Luz á Túa Factura”

12-09-19

Con esta xornada preténdese facilitar a cidadanía os coñecementos básicos para comprender a factura eléctrica, como poñer en práctica medidas de aforro, como facer unha reclamación nos distintos supostos que se poidan presentar, que tarifas hai no mercado, descontos, axudas e o Bono Social.
A charla correrá a cargo do Instituto Galego de Consumo e terá unha duración aproximada de 1 hora. As persoas interesadas en asistir deben inscribirse a través da web cemit.xunta.gal, na propia aula CeMIT de Barreiros ou chamando ao número 666.875.946.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive