13 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Mondoñedo completará a chegada da banda longa a empresas e núcleos de poboación da localidade

10-09-19

 Mondoñedo, 10 de setembro de 2019.- Mondoñedo comezou a implantar o servizo de banda longa na avenida das San Lucas, a rúa José María Pardo, no casco urbano e no barrio dos Muíños onde xa se deron de alta os primeiros clientes. Co obxectivo de contribuír a estender este servizo ao resto da localidade, o Concello e a empresa Adamo (operador de fibra óptica coa velocidade máis rápida de España -1.000Mb-) veñen de formalizar a súa colaboración cun convenio que asinaron esta tarde a rexedora local, Elena Candia, e o responsable da entidade na zona norte, David Llano.

Este servizo está a supoñer un salto cualitativo na capacidade e velocidade de acceso á Internet dos fogares e empresas da localidade; “o que, sen lugar a dúbidas, supón un servizo clave para o desenvolvemento social e empresarial do concello”, manifestou a alcaldesa Elena Candia.

Esta colaboración permitirá que Mondoñedo conte con este servizo, de tal xeito que antes de que remate o ano, estará completada a primeira fase. Así, os mindonienses desfrutarán da Internet máis rápido de España, con 1.000 Mb de descarga e 300 de subida, a un prezo moi competitivo.

O proxecto foi posible grazas á resposta veciñal ao sistema “Fiberhoods”, de tal xeito que as persoas rexistradas no mesmo gozarán das condicións especiais de lanzamento, tal e como explicou o responsable a entidade na zona norte de España, David Llano.

Colaboración en proxectos deportivos e sociais
Candia tamén sinalou que “o convenio establece tamén a creación dunha mesa de traballo entre o Concello e Adamo para participar e colaborar en proxectos deportivos e sociais”. Deste xeito, “os mindonienses verémonos beneficiados desta colaboración que se estende máis alá do servizo de banda longa cara a outros aspectos que tamén contribúen ao desenvolvemento social dos nosos veciños e veciñas”.

Empresa punteira a nivel nacional
Adamo é un operador de fibra óptica rexional enfocado a novas zonas urbanas de alta densidade de poboación e a zonas rurais. É de orixe sueco e ten a súa sede principal en Barcelona. Con infraestrutura propia, ofrece a fibra máis rápida de España (1.000 Mb), ademais de telefonía fixa e móbil. Recentemente a compañía sueca EQT, de capital privado, adquiriu o 80% de Adamo co obxectivo de impulsar o seu crecemento en España.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive