19 de Outubro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O BNG de Xove pide mellores servizos nas praias

07-09-19

Xove, 7 de setembro. Si ben é certo que o turismo en algúns areais do Concello medrou , como é o caso de Esteiro, tamén o debería facer os servizos que se ofrecen. Non criticamos as persoas contratadas para tal servizo, ao contrario, criticamos a falta de planificación por parte do equipo de goberno.
Ao longo de todo o verán, fomos recibindo fotografías dos baños públicos (sobre todo o de mulleres debido aos produtos de hixiene íntima que se ían acumulando) do areal de Esteiro xunto con algunha que outra crítica. Non é nosa a labor de mantelo limpo, pero como oposición, temos o deber de compartir as queixas dos veciños e tentar que o goberno local as cumpra. Cremos que os servizos se quedaron escasos no caso deste areal, e non só no aspecto dos baños, se non no caso do servizo de socorrismo.
Dende que a Xunta reduciu as subvencións de tres meses a dous para a contrata de socorristas, o noso concello, leva prometendo, do seu peto, a prolongación dun mes máis. Cousas da vida, seis anos despois seguimos sen socorristas nos meses de xuño e setembro nun municipio onde o económico non é un problema.
Tamén somos conscientes e realistas de que hai areais nos que se precisa máis ca noutros. No caso de Esteiro, tendo en conta a cantidade de xente que se move polos deportes acuáticos e a súa perigosidade, aínda o sería máis.
O que si sería preciso durante todo o ano, sería a limpeza parcial dos areais e litoral para disfrute dos veciños, e non só para cando ven xente de fóra, pois os de aquí temos o mesmo dereito (ou máis) a él.
Doutra maneira, dende o BNG instamos ao Concello a que faga políticas de turismo a longo plazo, non a corto como de costume, non aceptando as primeiras ofertas de compra que se lles ofrezca e que busquen e investiguen con mimo os puntos turísticos, históricos e culturais máis bonitos de Xove. Un claro exemplo desto son os muíños de ribeira que se atopan no mismo recinto de Coído, en total abandono. E coma este, moito patrimonio máis que levamos perdido por desinterese e falta de infomación.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive