Viveiro, 24 de setembro, 2019. O Grupo Municipal do Partido Popular de Viveiro alerta de que o campo de fútbol Marcos Gómez, situado na zona de Cembedo, está a ser empregado “ultimamente como un almacén de obras”, malia ser un lugar destinado á práctica en xeral do deporte, no cal diariamente practican esta disciplina gran cantidade de nenos, ademais dos acompañantes e visitantes cando se trata de competicións deportivas.
Ante a gravidade da situación, piden ao goberno local que inicie as xestións que permitan buscarlle “unha utilidade pública-deportiva”, xa que tamén está a ser usado de aparcadoiro, depósito de vehículos e outros enseres que, ademais de obstaculizar a zona, dán unha imaxe “deplorable” de cara aos usuarios.
Ademais, os populares piden que se adapte para actividades deportivas ou como campo de adestramento para os numerosos equipos locais a ampla zona situada detrás da portería contra a praia de Covas, que está en desuso. Neste senso, os populares consideran que esta actuación tampouco suporía un elevado custe e melloraría considerablemente estas instalacións.
O recinto deportivo presenta un aspecto “lamentable” en xeral, ata o punto de que pode ser perigoso para os nenos, dada a cantidade de materiais e máquinas de obra que se atopan no interior e que para nada teñen relación coa actividade que alí se practica.
Por este motivo, e logo de varias queixas veciñais sen obter ningún tipo de resposta por parte do persoal municipal encargado das tarefas de mantemento e dos dirixentes locais, os populares deciron levar este asunto ao Pleno. En concreto, pedirán que se retiren todos os materiais que, de ningún xeito deben estar no recinto deportivo, e se proceda a limpeza do mesmo para que os rapaces poidan practicar deporte, así como habilitar a zona detrás da portería para facer posible a práctica de adestramentos. Deste xeito, daríase así resposta a outra demanda existente, xa que as instalacións para este fin, nalgunhas ocasións, son insuficientes.






















As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



