24 de Outubro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os socialistas presentan “candidaturas comprometidas para defender os intereses da provincia e dos lucenses”

30-09-19

Lugo, 30 de setembro de 2019. O Secretario de Organización do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, Juan Valiño avanzou este luns que o Partido Socialista “presenta candidaturas, ao Congreso e ao Senado, comprometidas para defender os intereses de todos os lucenses e toda a provincia”.
Valiño fixo esta valoración tras a ratificación da Comisión Federal de Listas do PSOE, ás candidaturas da provincia de Lugo coas que o PSdeG concorrerá ás eleccións xerais do vindeiro 10 de novembro.
Na lista do Congreso dos Deputados encabeza a candidatura pola provincia, Ana Prieto, seguido de Javier Cerqueiro, quen fora o coordinador do grupo provincial de Pedro Sánchez na campaña das primarias, e Sonsoles López Izquierdo concorre no terceiro posto, antes de Daniel Castro, que se mantén no número catro. E para o Senado concorren César Mogo, Pilar García Porto e José Luis Raposo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive