28 de Novembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Xunta destina 155.000 euros a financiar a contratación de vixilantes e biólogos polas confrarías luguesas

24-10-19

 Lugo, 24 de outubro de 2019.- A Consellería do Mar concedeu axudas ao conxunto das confrarías da provincia de Lugo por un importe total de 155.000 euros, que se destinan a reforzar a vixilancia e asistencia técnica para contribuír á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos.

Estes apoios concédense para o último semestre do ano 2019 e o primeiro do 2020 e serven para contratar durante ese período a un total seis persoas para levar a cabo tarefas de vixilancia e tres máis para asistencia técnica (en concreto, biólogos).

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que esta colaboración chega a todas as confrarías luguesas, para financiar a contratación destes servizos durante doce meses.

Para acceder ás axudas, decidiron presentar proxectos colectivos e compartir servizos a confraría de pescadores de Ribadeo xunto coa agrupación de mariscadoras de San Cosme; o pósito de Burela co de San Cibrao e o de Celeiro conxuntamente co do O Vicedo. Cada unha das solicitudes conxuntas obtivo achega para contratar a dous vixilantes e unha asistencia técnica durante o período indicado.

A Xunta renova anualmente as convocatorias destinadas a financiar a contratación de asistencias técnicas e vixilantes polas confrarías, ademais de dispoñer do apoio do persoal propio da Consellería do Mar, biólogos e integrantes do servizo de Gardacostas de Galicia.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive