28 de Novembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Este venres comeza unha nova edición das xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que se celebrarán ata o domingo

24-10-19

 Ribadeo, 24 de outubro de 2019. Este venres comeza unha nova edición das xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que se celebrarán ata o domingo. Tamén mañá 23 comercios participarán na Noite Aberta. As tendas abrirán ata as 21:30 horas e ofrecerán descontos especiais. Acisa, organizadora desta dobre cita, anima a vir a Ribadeo esta fin de semana.
Vintetrés establecementos de hostalería participarán nas xornadas coas súas elaboracións da mellor gastronomía asturiana. Estes locais son: O Tumbín, Cienfuegos, O Lar de Manolo, La Botellería, A Dorada, Galipizza, Porta Norte, Bar Galicia, O Alén, Chamaye Estopa, O Cabazo, Costa Verde, Delicates, Queimada, Rosa Lar, La Solana, El Rincón del Gordo, Náutico, Mesón Morriña, La Lira, Mesón O Indiano, Mareta e A Quinta. Estes locais ofrecerán tapas, racións e menús especiais ao longo desta última fin de semana do mes de outubro.
Acisa Ribadeo programou ademais varias actuacións musicais para amenizar esta cita gastronómica. O venres 25 ás 21:30 horas na praza José María López (zona vella) actuará Sara Cangas; o sábado 26 ás 21:00 horas na rúa San Francisco ofrecerá un concerto Moot´Moller, e ás 22:00 horas na praciña de San Roque estará Viti Gutier; o domingo 27 a partir das 13:00 horas percorrerá as rúas da vila a banda de gaitas El Penedón.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, dixo que “Mañana, día 25, empiezan las jornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo. Es una campaña que estamos muy contentos de volver a hacer porque nos suele dar muy buen resultado, tanto para los hosteleros como en cuanto a la satisfacción del cliente. Queremos animar a la gente a venir, a participar y a comprar también, en esta ocasión, porque además de las jornadas gastronómicas tenemos la Noche Abierta este viernes 25, cuando unas 25 tiendas estarán abiertas hasta las nueve y media de la noche, ofreciendo diferentes promociones y descuentos”
Pérez engadiu que “en las jornadas gastronómicas hubo incorporaciones de última hora y contamos con unos 25 establecimientos participantes, en las que habrá desde tapas gratuitas por consumición, raciones, menús, menús degustación,… Hay una oferta muy variada, que se puede consultar en el facebook de Acisa Ribadeo, donde está toda la oferta que hay para este fin de semana de jornadas gastronómicas. Son tres días, desde viernes hasta domingo, y estarán acompañadas de actuaciones musicales. Esperamos que tanto a la gente como a los socios les guste esta actividad y que se animen a consumir en los locales de hostelería que participan y a ver las actuaciones, que creemos que son muy buenas”.
Ademais o venres 25, Acisa celebra unha nova edición da Noite Aberta na que os establecementos participantes pecharán ás 21:30 horas e ofrecerán interesantes descontos e promocións. Son un total de 23 comercios de moda, complementos e outros artigos: Sanjurjo Moda, Esprit, Mika, Nina, Ginzo, Julia Moda infantil, La Moda Sport, Pepa Peineta, R23, Platería Gutié, Azabache, Bora Bora, Terra Branca, Anais, Glass, Adele, Sendín, La Coqueta, Naná Tienda, La Moda hombre, Saia, Coco e Jatay.
Pérez engadiu que “además este viernes en unas 25 tiendas participantes podrán disfrutar de descuentos y promociones muy variados, que van desde el 10 hasta el 50 por ciento de descuento en variedad de tiendas porque tenemos un abanico bastante completo”.
Por outra banda, Acisa traballa xa no mes das tapas que terá lugar os xoves e os venres de novembro desde o día 7. Desde a xerencia da asociación fan unha chamada “a participación da hostalería local nesta nova cita gastronómica coa que pretendemos dinamizar as noites dos xoves e dos venres en novembro, un mes considerado como baixo polo sector”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive