29 de Outubro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O grupo municipal do PP felicita a Vestas de Viveiro polo seu vinte aniversario

18-10-19

 Viveiro, 18 de outubro, 2019. O grupo municipal do Partido Popular de Viveiro felicita á empresa Vestas polo seu vinte aniversario. O voceiro municipal do PP, Óscar Rodríguez, asistiu esta mañá aos actos da celebración de fecha tan destacada para a empresa.

Rodríguez manifestou: «Quero felicitar en nome do meu grupo municipal e do meu partido a Vestas por este vinte aniversario, coa seguridade de que poderemos facelo durante moitos máis e cada vez celebrando máis éxitos desta empresa».

O voceiro popular declarou: «Para un veciño de Viveiro, ter no seu municipio unha empresa punteira nun sector en constante desenvolvemento, como é Vestas, é un orgullo. Estou seguro de que o futuro pasa polas enerxías alternativas; con elas se poderán cubrir as necesidades de enerxía e ao mesmo tempo facer a Galicia verde que queremos».

Rodríguez destacou o traballo do director da empresa, José Miguel Soto, de Viveiro, así como o traballo e esforzo da plantilla da empresa. «Grazas ao equipo que ten, é unha factoría modélica». Engadiu: «Para o municipio de Viveiro e para toda a comarca é importantísimo contar cunha empresa como Vestas, por moitos aspectos, un deles, fundamental, a creación de postos de traballo».

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive