20 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP de Ribadeo lamenta que “o concelleiro de medio ambiente siga sen render contas sobre a existencia ou non dun plan de xestión de residuos”

10-10-19

 Ribadeo, 10 de outubro, 2019. A vicevoceira do Grupo Municipal de Ribadeo, Elena Sierra, critica que “o concelleiro do Goberno ribadense delegado de medio ambiente siga sen render contas sobre a existencia ou non dun plan municipal de xestión de residuos” que inclúa un programa tamén a limpeza dos colectores do lixo.

A concelleira popular considera “unha falta de respecto” que o equipo de Goberno respondera dicindo que “o camión da recollida sae tódolos días” ante a pregunta sobre a existencia deste plan na última sesión plenaria en lugar de facer entrega ao Grupo Municipal Popular dunha copia do mesmo tal e como fora solicitado.

A edil do PP lamenta que “unha persoa que percibe unha dedicación exclusiva das arcas municipais manteña a vila e a zona rural do noso concello totalmente abandonadas”.

Neste sentido, Sierra asegura que “Ribadeo non merece este trato” e recórdalle ao señor Freije que “gobernar non só é cobrar, gobernar é xestionar e traballar”.

O pasado mes de setembro xa criticaban dende o Grupo Municipal Popular ribadense “a falta de planificación do Goberno local para o coidado de zonas verdes, a retirada de residuos e a limpeza de colectores e rúas”. Elena Sierra considera “prexudicial para a imaxe da vila a sucidade das rúas durante este verán”.

Áreas recreativas e abandono do parque de Ove
A popular reivindica tamén que “o Goberno local manteña as nosas áreas recreativas nun axeitado estado de conservación durante todo o ano e non só dende o día anterior á celebración de distintos eventos nestes espazos”.

Por outra banda, Sierra denunciaba recentemente “o estado de abandono no que se atopa o parque de Ove con mobiliario roto e alumeado deficitario a pesar de que foi acondicionado recentemente con preto de 300.000 euros da administración autonómica”. Os populares consideran este caso “un claro exemplo da desidia do Goberno local do BNG”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive