28 de Novembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os populares lembran ao PSOE que os orzamentos da Xunta para 2020 multiplican por 11 o investimento que o bipartito destinaba á provincia de Lugo

24-10-19

Lugo, 24 de outubro, 2019. Os populares saen ao paso das críticas efectuadas polo PSOE aos orzamentos da Xunta para 2020 lembrando que as contas elaboradas polo Goberno Feijóo para o ano próximo multiplican por once o investimento que o último Goberno bipartito destinou á provincia de Lugo.

Desde o PP achegan datos concretos e explican que o investimento por lucense consignado polo último goberno de socialistas e nacionalistas era de 374 por lucense, unha cantidade moi inferior ao investimento previsto nas contas autonómicas de 2020, que elevan esta cifra ata os 4.252 euros por lucense, isto é, un orzamento once veces superior.

Para os populares o verdadeiro corta e pega está na valoración que desde o PSOE fan ano tras ano das contas autonómicas, xa que volven a recorrer a tópicos como “electoralistas, ciencia ficción ou débeda histórica” que están baleiros de contido porque son incapaces de apoiarse en datos ou argumentos concretos.

Se como asegura o PSOE os investimentos da Xunta son insuficientes e converten a Lugo “na cincenta das provincias galegas”, desde o PP preguntan que cualificativo tería que empregarse para definir unhas contas, as do bipartito, moi inferiores e, pese a iso, que contaron co voto favorable do PSOE e do propio Tomé, que daquela era deputado autonómico.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive