25 de Xaneiro de 2021

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Peña Barcelonista La Balastrera, de Ribadeo, celebra o seu décimo aniversario este venres

28-11-19

 Ribadeo, 28 de novembro de 2019. A Peña Barcelonista La Balastrera, de Ribadeo, celebrará o seu décimo aniversario mañá, venres, cunha cea baile á que asistirán unha delegación do club da que formarán parte a delegada de Cultura da xunta directiva do FC Barcelona, Teresa Basilio Monné, e o ex xogador Iván Iglesias, entre outros. O evento será ás 22:00 horas na discoteca Rosa Lar e antes, ás 19:00 horas, os representantes do FC Barcelona e os directivos da Peña Barcelonista La Balastrera, que preside Óscar Álvarez Casabella, serán recibidos na Casa do Concello ribadense polo alcalde, Fernando Suárez; o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz; e a edil de Cultura, Pilar Otero.
O ex xogador Iván Iglesias formou parte do primeiro equipo do FC Barcelona desde 1993 ata 1996 e gañou unha Liga e unha Supercopa en 1994. Nesa tempada marcou goles decisivos para aquel Barça adestrado por Cruyff e do que formaban parte xogadores como Guardiola, Koeman, Romario, Stoichkov, Laudrup, Amor, Zubizarreta ou Nadal.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive