25 de Xaneiro de 2021

Correo | Favoritos  | Imprimir   

En Marea alerta da privatización da Axuda no Fogar en Ribadeo

27-11-19

Ribadeo, 27 de novembro, 2019. O dia 28 de novembro remata o prazo para a presentación de solicitudes por parte das empresas privadas que desexen presentarse ao concurso convocado polo concello de Ribadeo para o servizo de Axuda no Fogar na modalidade de dependencia. Habería moito que comentar respecto desta convocatoria, pero ímonos referir so a dous aspectos que consideramos hoxendía os mais relevantes. A saber: Participación e privatización.

PARTICIPACION: Xa nos temos referido á necesidade de artellar vias de participación dos usuarios e familiares dos servizos sociais antes da campaña electoral das municipais creando un consello veciñal representativo no que deberan ter entrada os diferentes colectivos implicados nestos servizos, como son os traballadores, xestores, funcionarios, usuarios, familiares, colectivos de apoio, etc. Evidentemente non se avanzou nada neste tipo de prantexamentos e o concello de Ribadeo segue apostando polo oscurantismo nun intre no que os movementos sociais, en Madrid, no Pais Vasco, en Cataluña, etc están facendo cada vez mais fincapé neste tipo de prantexamentos. Concretamente en Galicia xa existe unha asociación promovida por un grupo de veciños de Cangas de Morrazo e outra en Vigo, que están poñendo o inzo na custión da participación e na que ten unha especial actividade o colectivo de pensionistas MODEPEN. Como dixemos, na convocatoria do concello de Ribadeo non hai o mais mínimo indicio de achegamento a estas ideas.

PRIVATIZACION : O concello de Ribadeo nesta convocatoria mantén o modelo privado de edicións anteriores o que representa maiores custos, menor calidade, menos control de actividades, mais contratación de persoas de fora e menos pôsibilidades de xestión. O mesmo sucedeu ca privatización dunha gran parte dos servizos da nova Residencia da Terceira edade promovida polo concello de Ribadeo e a Deputación Provincial que supuxo a penetración en Galicia da empresa de Servizos Sociais CLECE SA propiedade de Florentino Pérez. Caese do seu peso que abrirlle a porta a este tipo de empresas na xestión dos servizos sociais representa unha decisión política premeditada que responde a uns intereses que nada teñen que ver ca cidadanía galega nen ca democracia municipal. Pola contra as cooperativas de servizos sociais estanse extendendo por todo o estado español e ben perto de Ribadeo (en Tapia e en Vegadeo) temos duas experiencias das que se poderían aprender moito para mellorar o benestar das persoas maiores con diversos grados de dependencia. Tamén neste aspecto o concello de Ribadeo ponse de costas ás experiencias mais progresistas optando pola externalización pura e dura.

COLECTIVO EN MAREA RIBADEO

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive