25 de Xaneiro de 2021

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Viveiro organiza un progama de visitas guiadas durante o Nadal para coñecer e seu patrimonio histórico e cultural

28-11-19

 Viveiro, 28 de novembro de 2019. O Concello de Viveiro pon en marcha o seu programa de visitas guiadas e rutas do Nadal, unha iniciativa dirixida aos veciños e visitantes que desexen coñecer o seu patrimonio histórico e cultural.

O programa levaráse a cabo todos os venres, sábados e domingos entre o vindeiro 6 de decembro e o 5 de xaneiro, ten carácter gratuito e vai dirixido ao público en xeral. As reservas se farán na oficina de turismo de Viveiro.

“Temos un amplo patrimonio civil e relixioso, este tipo de iniciativas permiten coñecer a historia de Viveiro e as persoas que asisten quedan sempre moi satisfeitas”, asegura Marisol Rey, concelleira de Turismo de Viveiro.

Pola súa parte, a alcaldesa, María Loureiro, amosa a súa satisfacción “polo impulso que lle estamos a dar ao Nadal en Viveiro, cunha programación moi variada e para todas as idades; cada ano temos máis persoas que nos visitan e eloxian as nosas iniciativas, desde o belén xigante, as melloras no alumeado ou estas visitas guiadas, unha proposta da Concelllería de Turismo que está tendo moito éxito”.

As visitas programadas para os venres (19:00 h.) farán un recorrido nocturno polo casco histórico de Viveiro, pasando polo nacemento xigante “Viveiro ante o berce” e facendo a vistosa retrospectiva ao pasado gremial da vila.

Os sábados (16:00 h.) está previsto un recorrido no Vivertren, alternando semanalmente a visita ao Souto da Retorta e á Área Etnográfica da Insua. Ámbolos dous son espazos de gran beleza natural.

Por último, a visita dos domingos (12:00 h.) será tamén polo polo casco histórico de Viveiro, na que se fará especial fincapé na tradición local de colocar os nacementos nestas datas ao longo da vila. Ademáis, durante a visita ensinaranse os principais lugares de interese do casco.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive