15 de Decembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Xove conxuntamente con O Teu Xacobeo, presenta o libro-disco Iacobus

20-11-19

 Xove, 20 de novembro, 2019. Este mércores tivo lugar a presentación pública do Libro-disco “IACOBUS”, coa presenza do alcalde Demetrio Salgueiro, a concelleira de cultura Dolores Meitín, Xan Carballal director da Orquestra Clásica de Xove e Xulia Nogueira directora da Escola Municipald de Música de Xove. Estiveron acompañados por un nutrido grupo duns 40 alumnos e profestores do IES Illa de Sarón de Xove.
O Disco-Libro foi patrocinado pola Xunta de Galicia Xacobeo 2021 e polo Concello. Contou cun orzamento de 11.228,80, dos cales a Xunta aportou 6.737,28 € e o Concello o resto.
Na realización do libro, que parteu dunha idea de Xulia Nogueira e Xan Carballal, participaron principalmente as seguintes persoas.
-Texto de Iacobus: Xulia Nogueira.
-Música e arranxos: Xan Carballal.
Ilustracións: Xoan Guerreiro.
Fotografía: Xulia Nogueira e Eloi Caldeiro.
Deseño gráfico e maquetación: Xulia Nogueira.
Musicalmente tamén participaron alumnos e coros das Escolas de Música de Xove, Burela e Mondoñedo, así coma a Oraquestra Clásica de Xove.

O libro conta unha historia dun peregrino. No tocante ao disco, inclúe música orixinal a e arranxos de pezas medievais a cargo de Xan Carballal, así como poesías de Xuia Nogueira.
Sen dúbidas, un gran traballo que permite celebrar os 30 anos da creación da Escola Municipal de Música de Xove, tal como ercolle o alcalde Demetrio Salgueiro na introducción do libro.

Rematada a presentación, o alcalde entregoulle a Xan Carballal -como recoñecemento dese importante Premio da Crítica que recentemente recibeu o músico- unha figura de Sargadelos que representa o Faro de Roncadoiro, un dos símbolos de Xove.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive