15 de Decembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Consorcio de Bombeiros pode facer 335.000€ de investimento grazas aos aforros acadados coa xestión directa

27-11-19

 Lugo, 27 de novembro de 2019. O Presidente da Deputación e do Consorcio Provincial de Lugo para a prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, José Tomé, informou de que o Orzamento da entidade para o ano 2020 ascende a 5,5M€. Grazas á xestión directa dos parques comarcais de bombeiros, o Consorcio obtivo neste exercicio uns aforros de 600.000€, o que se traducirá, por unha banda, en que terá capacidade por primeira vez de realizar investimentos, por un importe que alcanzará os preto de 335.000€, e, por outra, nunha redución en 130.000€ da achega de cada unha das entidades consorciadas (Deputación e Xunta) con respecto ás deste ano, o que supón un 5% menos.

A partida de investimentos estará destinada a equipamentos para a mellora da seguridade dos bombeiros e das instalacións dos parques. Así, o material a adquirir é, entre outro, un equipo de excarceración, camiñas de rescate, puntais de estabilización, material de rescate en altura, puntais de estabilización, mellora do sistema de comunicacións ou equipos informáticos.

O pleno do Consorcio de Bombeiros aprobou esta tarde o Orzamento, que, dos 5,5M€ que contempla, 4,4 (o 80%) está destinados a facer fronte aos salarios dos 117 traballadores e traballadoras, 754.000 € a gastos correntes e 333.900 € a investimentos.

Polo que respecta aos ingresos, proveñen das achegas da Deputación e da Xunta, de 2,3M€ cada unha, e de UNESPA (Asociación Empresarial del Seguro), de 939.205€.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive