25 de Xaneiro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A área de Medio Rural financiará a compra dun tractor desbrozador para o Concello de Barreiros

10-01-20

 Lugo, 10 de xaneiro de 2020.- A área de Medio Rural colabora co Concello de Barreiros na adquisición dun tractor desbrozador para a roza e mantemento das zonas rurais. A deputada de Medio Rural, Mónica Freire Rancaño, e a alcaldesa barreirense, Ana Ermida, asinaron esta mañá o convenio polo que a entidade provincial achega 11.720 euros á adquisición do vehículo.

Ana Ermida explicou que se trata dunha maquinaria “básica para o traballo do persoal que se dedica ao mantemento e adecementamento de espazos e bens municipais”. “É fundamental que as persoas que realizan estas labores conten con ferramentas axeitadas para traballar de xeito eficiente”, concluíu Ermida. Na sinatura do convenio tamén estivo presente o concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural, Dámaso Ratoeira.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive