Hai palabras de moda. Na actualidade unha desas é ‘sostible’ (e as súas derivadas, como Sostibilidade). Moitas veces, o malo destas modas é que facendo ver e resaltando o que indica a palabra, banalízase o significado. As verbas trivialízanse, asumindo unha precisión imprecisa. Precisión de significado fixado; imprecisión de interpretación e cumprimento.
Sostible. “Que se pode soster. Que permite preservar, manter e mellorar a calidade dos recursos e dos equilibrios naturais, así como velar polo futuro.”
Nunha interpretación ampla, de miras curtas, na que se acepta o ‘máis ou menos’, todo é sostible, pois difícil que unha única acción leve ó desastre ó planeta de xeito inmediato, e con que produza unha apariencia de utilidade, xa ‘se pode soster con aproveitamento’, facendo énfase sobre todo no do aproveitamento, non en quen se pode aproveitar. Polo contrario, dun xeito estrito, todo nos leva á morte e á destrución, de forma que a única vía sostible sería non facer nada, morrer antes da morte. Hai unha conciencia interior diso. E do outro. E unha infinita diversidade tamén sen límites precisos entre medias, que se aproveita para facer da capa un saio.
Din que estamos nunha era ‘líquida’, que significaría algo así como que a substancia das ideas na actualidade pode fluír, cambiar da forma e trasladarse, aparentar cousas diferentes dun intre a outro. Esa visión dos tempos axuda a que as verbas aínda vallan menos, esquecendo aquel vello ‘din a miña palabra’ como valor do que responder. Non, hoxe non é así. E hai xente mestra no cambio de interpretación ou o axuste da realidade á interpretación elixida. Con patente de corso para as súas verbas e para as dos demais.
Oficina de sostibilidade: hai máis de once anos, o 16 de decembro de 2008, aparecía unha nota do concello na que se difundía a consideración de Ribadeo de ‘municipio galego sostible’ pola Xunta, poñendo o acento en que grazas a elo e á axuda correspondente o concello podería ter unha cousa tal. 2020… e a oficina? Nin idea, non debía ser sostible despois do período da remesa de cartos asociada. Resultados? De que, de ‘sostibilidade a 12 anos vista’? Dende o daquela, ten xurdido a acción local polo clima, con Ribadeo como concello asociado, pero segue sen un carril bici nin aviso de accións coordinadas. O uso do coche privado é cada vez máis necesario para cada persoa, e cada vez máis lonxe do necesario para todas. Hai rutas a pé ó longo do concello, aínda que mais máis ben parecen teóricas ou virtuais, e por suposto, turísticas. A substitución de árbores á beira da ría é unha realidade estética, mentres os eucaliptos seguen con tranquilidade xeral. Dende entonces houbo un bonito muíño eólico no porto deportivo, multiplemente publicidado pero que nunca estivo enganchado para ningún tipo de subministro, ata que se desmontou. Iso si, os paneis solares na piscina, abordados tamén na nota de prensa citada, seguen instalados.
Sostible é unha palabra. Para aplicación polas persoas, a sociedade ou o planeta. Un exemplo ben trazable no tempo dunha institución só indica iso: exemplificación dun feito, sen carácter didáctico adoctrinante. Pero si, a nivel persoal, o mesmo que comunitario no concello, parece que a liña pasa por ‘adaptarse e morrer’ en solitario fronte a ‘loitar e continuar’ en conxunto. Poñer unha cagadiña ben coidadosa aquí mentras os cans espallan cagadas pola rúa… Non podemos botarlle a culpa só ó fracaso do cumio do clima. Nin ó capital, aínda que impoña o sistema que nos leva ó desastre.
Rematando o artigo, vexo que é confuso. Como a situación actual. Mirareino de novo, como necesitamos mirar a situación planetaria? Amañarei algo, amañaremos algo cara ó futuro? Quizáis haxa que tirar moitas cousas ó lixo (a reciclar) para salvar algo. En ambos casos.








Os Bombeiros de Vilalba excarceraron ao condutor ferido que quedou atrapado no interior do vehículo. O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 16:20 horas desta tarde. Un particular informaba a esa hora dun coche envorcado na LU-P 6501, quilómetro 40 en Rioaveso, ao seu paso por Cospeito (Lugo). Indicaba que no interior do vehículo había unha persoa ferida, consciente pero que non podía saír. Con estes datos, os xestores do 112 pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vilalba, á Garda Civil de Tráfico e ao persoal de mantemento da vía.Unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron a excarceración do ferido para posteriormente ser trasladado polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Trátasde dun grupo coñecido pola súa posta en escena humorística e teatral, que combina música tradicional con estética de taberna e espírito festivo. O evento celebrarase o 22 de maio ás 23:00 horas na Rúa do Cobo nº 18, cun prezo de entrada de 5 euros. As persoas asistentes están convidadas a traer instrumentos para sumarse á foliada. A actividade conta con presenza en Facebook, Instagram e TikTok, onde se pode seguir a programación e novidades do espazo.
Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.
O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
A participación estará aberta do 14 ao 18 de maio, e a persoa gañadora poderá escoller entre cinco modelos diferentes. A propietaria, Susana Moreira, fai un balance moi positivo desta década, na que o negocio evolucionou ata centrarse en mercería, venda de la e artigos artesanais elaborados por ela mesma. Ademais, ofrece arranxos de roupa e organiza cursos e talleres de ganchillo, calceta e bordado, como o previsto para o 23 de maio. A maior parte da clientela e das persoas que participan nas actividades son mulleres, aínda que tamén acoden nenos e mozos interesados en técnicas como os amigurumis.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.