10 de Xullo de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Tito Suárez explica que a Xunta achegou 3.000 euros ao CB Ría de Ribadeo en apoio ao deporte en igualdade

11-02-20

 Ribadeo, a 11 de febreiro de 2020.- O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, participou xunto ao coordinador de deportes do PP ribadense, Tito Suárez, nun encontro con membros do Club Baloncesto Ría de Ribadeo dando continuidade ás reunións que están a manter coas distintas entidades deportivas do municipio que xa iniciaran co Ribadeo FS.

Os populares abordaron distintas fórmulas de colaboración entre as administracións e as entidades deportivas para o fomento do deporte recordando que a Xunta de Galicia patrocinou o pasado ano un partido de baloncesto pola igualdade cunha achega de 3.000 euros.

Tito Suárez destaca a actividade do club de baloncesto da vila que reúne nas súas filas a “un centenar de nenos e nenas das escolas deportivas nas que conta con equipos en tódalas categorías; ademais dun equipo júnior de baloncesto feminino e outro equipo sénior integrado polas nais dos rapaces que forman parte do club”. De feito, foi este equipo o que disputou o ano pasado un encontro co CB Mieres co obxectivo de reivindicar a igualdade tamén dende o ámbito deportivo.

Os populares defenderon “a contribución do CB Ría de Ribadeo no fomento do deporte” e o seu “compromiso co deporte feminino e o deporte de base”, valores que defenden tamén dende o PP de Ribadeo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive