05 de Abril de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP pide a Tomé que aprenda de Ourense onde a Deputación mercou material de protección para distribuír entre concellos e entidades da provincia

26-03-20

 Lugo, 26 de marzo de 2020.- O Partido Popular de Lugo pide ao presidente da Deputación, o socialista José Tomé, que aprenda do seu homólogo de Ourense e acometa a compra de material de protección para distribuír entre os concellos e entidades da provincia.

Os populares lamentan que a Deputación de Lugo “estea ausente” neste ámbito e só busque a confrontación coa Xunta, a única administración que está a colaborar cos municipios lucenses, despois de que estes non reciban os medios comprometidos polo Goberno central.

Segundo os populares nunha situación de emerxencia como a actual, os cidadáns esperan que todas as administracións xuntas, traballen unidas e, en vez de facer iso, a Deputación de Lugo busca lavarse as mans, e enviar cartas á Xunta para disimular a mala xestión do PSOE.

O PP lembra que a Subdelegación do Goberno foi incapaz de enviar ningún material aos concellos todo iso a pesar de que o reparto de guantes, mascarillas e outro material está centralizada no Goberno central desde que se decretou o estado de alarma.

Pola contra, os populares poñen en valor o esforzo da Xunta que, a pesar de estar sufrindo escaseza de material, común ao resto de España, derivado da incapacidade do Goberno central para executar a adquisición e distribución centralizada, tomou a iniciativa e fixo un primeiro envío aos concellos, que se manterá ao longo das próximas semanas. En total neste primeiro envío distribuíronse preto de 2.000 mascarillas e 17.500 guantes, que agora se completará con novo material. Son recursos que conseguiron as delegacións da Xunta a través de doazóns, do contacto con empresas e provedores, e incluso dos propios centros de ensino.

“Deberían ter altura política, traballar conxuntamente e reclamar a quen ten que facer o reparto de material, que é o Goberno central, que dea resposta ás necesidades dos concellos da provincia. E deberan tamén sumar novo material ao igual que están a facer outras Deputacións como é o caso da de Ourense”, conclúen os populares.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive