Foz, 26 de marzo de 2020. O Concello de Foz acaba de convocar tres novos concursos on line: de fotografía na casa, de poesía e a segunda edición do de debuxo. O prazo para entregar os traballos comezou hoxe, xoves, e remata o vindeiro martes, día 31, ás 23:59 horas. Hai que envialos á dirección de correo electrónico concurso@concellodefoz.es.
O 1 de abril daranse a coñecer os gañadores e publicaranse todas as obras recibidas na páxina de facebook do Concello, onde xa están publicadas as bases dos tres certames.
No concurso de fotografía na casa poden participar todas as persoas empadroadas no concello de Foz e hai tres categorías: infantil (ata 12 anos), xuvenil (de 13 a 18 anos) e adultos (maiores de 18 anos). As fotos deben ser de dentro da casa ou feitas desde a ventá.
O certame de poesía é tamén para todos os empadroados no concello de foz e hai as mesmas categorías que no anterior. As obras deben estar escritas en galego e o tema é a primavera.
E o segundo concurso de debuxo está dirixido a nen@ e moz@s do Concello de Foz e hai 5 categorías: para alumnado de Infantil, de primeiro ciclo de Primaria, de segundo ciclo de Primaria, de Secundaria e de Bacharelato. O tema é a primavera.
O concelleiro de Educación e Cultura, Héctor Moris, explica que “para o concurso de fotografía teñen que ser fotos do interior das vivendas ou feitas dende dentro delas, dado que estamos en confinamento e non podemos saír ás rúas. E a canto ás poesías deben ser dun mínimo dun folio por unha cara e un máximo de 4 caras dun folio. E seguimos facendo o concurso de debuxo dado o éxito que tivo a primeira edición porque estamos falando de case cen nenos que nos mandaron debuxos. Os premios seguen sendo vales de compra para as librerías de Foz. Desta forma tamén pretendemos reactivar un pouco ese comercio que se ve salpicado por esta crise e así polo menos poderá conseguir un pouco de financiamento”.
Héctor Moris engade que “estes concursos o que pretenden é conseguir ese descanso mental, esa evasión, deste confinamento que se nos pode estar facendo duro, sobre todo aos máis pequenos, que están sendo todos uns valentes e uns campións por aguantar dentro das nosas casas. Isto ofrécelles unha alternativa máis de ocio. Podemos conseguir incluso fomentar esa actividade cultural, que está paralizada, e ter un entretemento máis”.






















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



