05 de Abril de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Cifras para a esperanza: 557 casos activos na provincia, 1 menos ca onte

05-04-20

A Mariña, 5 de abril, 2020. O número de falecementos ascendeu a 14, coa morte dun home e unha muller de 92 e 86 anos respectivamente que estaban ingresados no HULA. Dos 557 casos en activo, 14 en UCI, un máis ca onte (4 deles na UCI do Hospital Público de A Mariña. Os outros 10 na do HULA). 84 en hospitalización, 3 menos ca onte (19 deles no Hospital Público da Mariña, 11 no Hospital Público de Monforte, 9 no Hospital Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA). 459 en domicilio, 1 máis ca onte. Altas: 39, 4 máis ca onte. A nivel galego, os positivos son 4.926, e o número de mortos: 206. As altas ascenden a 531.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive