14 de Xullo de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Castiñeira: “Non hai máis debate que non sexa o da aprobación do estatuto. A nacionalización da planta de Alcoa e a tarifa galega son fogos de artificio”

30-06-20

 Lugo, 30 de xuño, 2020. O portavoz popular, Javier Castiñeira, amosou na sesión plenaria deste martes “a preocupación” dos populares ante a situación de Alcoa. Recordou que “xa anticipabamos na sesión plenaria anterior que habería problemas e volvemos a vir a outro pleno, un mes despois, sen ter un estatuto electrointensivo -que leva dous anos de retraso- que é o que realmente importa e serviría para garantir a competitividade da fábrica e a súa continuidade na Mariña”

En relación á moción presentada polo BNG, o voceiro sinalou que se trata dunha “iniciativa oportunista”. Dixo: “Non hai máis debate que non sexa o da aprobación do estatuto. A nacionalización da planta de Alcoa e a tarifa galega son fogos de artificio”, defendeu Castiñeira.

O voceiro dos populares dixo estar de acordo en que “o Goberno interveña para o establecemento dunha tarifa eléctrica con prezos de entre 25 e 35 euros e convocando unha nova poxa de ininterrumpibilidade que inclúe os bloques de 90 MW que quitou na súa última proposta”. Pediu tamén Castiñeira: “Que interveña incrementando as axudas por CO2 e, se non chega, e baixo a tutela da Unión Europea, ten que intervir cun marcado CE, tamén o vemos ben; o que non vemos ben é a nacionalización ou expropiación como propón o BNG”.

En relación á tarifa eléctrica galega asegurou que “sería moi prexudicial para os galegos e para a industria”. Nese sentido, recordou o peche da central de Meirama e o caso de As Pontes.

AUGASMESTAS
Por outra banda, o Grupo Provincial do PP logrou hoxe que o goberno provincial se comprometa a poñer en servizo o complexo de Augasmestas, no municipio de Quiroga, no vindeiro ano 2021. Así o destaca o voceiro popular, Javier Castiñeira, despois de escoitar as respostas do goberno da Deputación a unha moción que presentaron os populares no pleno deste martes, 30 de xuño, para instar, unha vez máis, á posta en funcionamento do citado complexo turístico.

Agardan dende o Grupo Provincial Popular que “se cumpra o obxectivo de telo aberto no 2021 e que o novo intento non queda en nada coma outros anuncios realizados nos últimos dez anos: o proxecto para convertelo en centro de ocio para discapacitados ou o concurso público do 2014 para xestionar o complexo”, por poñer algúns exemplos. En calquera caso, o voceiro popular insiste en que “sempre chegan tarde en todo o que fan”.

Castiñeira sinalou, durante a súa intervención, que “o complexo recreativo de Augasmestas -situado a carón do río Lor preto da desembocadura co Sil- está abandonado e inutilizado cando podía estar funcionando perfectamente”. Culpa o popular desta situación “á ineficiente xestión turística do actual goberno” en relación ás instalacións deste complexo “situado nun enclave pertencente á Ribeira Sacra, candidata a Patrimonio da Humanidade”.

O voceiro do Grupo Provincial do Partido Popular sinalou que “xa fixemos constar noutras ocasións a necesidade de intervir en Augasmestas a través de distintas iniciativas nos últimos anos; pero sen resultado. Agora que a campaña do 2020 está perdida, agardamos que no 2021 podamos disfrutar destas instalacións adaptadas ao que require o turismo na natureza, unha das actuación que recolle o Plan Estratéxico de Turismo”.

Tamén asegurou que “os gobernos bipartitos resultaron funestos para estas instalacións que permanecen pechadas dende o 2006”. Engadiu que “co seu abandono, o complexo caeu en desgraza e sufriu actos vandálicos ante os que o organismo provincial tivo actuar e acometer obras para a súa reparación. Con todo, continúa pechado”, lamentou. “É inconcibible que se deixen caer estas instalacións que costaron preto de 2 millóns ás arcas públicas desta institución e se impida que os turistas visiten e pernocten na zona”, engadiu.

ABANDONO DOS RECURSOS FLUVIAIS
O voceiro popular destacou que nas visitas que fixo ao complexo comprobou que había unha “enorme cantidade de herba e maleza nas inmediacións das instalacións, que supón un gran risco de incendio que podería danalas irremediablemente”. Por iso defendeu que “o Goberno provincial ten que actuar e non esperar a que sexa tarde como pasou co catamarán do Miño que deixaron afundir e agora podrece nun prado en Begonte”.

“É competencia da Deputación coidar o seu patrimonio para evitar que se afunda coma o fixo o Pelegrín I”, segundo indicou Castiñeira que tamén asegurou que “o Goberno provincial ten abandonada a xestión dos seus recursos fluviais”. A portavoz socialista neste asunto asegurou, en canto ao funcionamento das instalacións na campaña de verán do 2021, a proposta dos populares “concorda coas nosas previsións nas actuacións”. Castiñeira lamentou que por non intervir a tempo, na área de Aguasmestas se perda a tempada de verán do ano en curso.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive