28 de Setembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Olalla Rodil presentou o Servizo Galego do Benestar “para poñer fin a 11 anos de políticas de desigualdade do Partido Popular”

30-06-20

 Lugo, 30 de xuño de 2020. A cabeza de lista do BNG por Lugo, Olalla Rodil, mantivo un encontro con persoas vinculadas aos servizos sociais para presentar a proposta do Servizo Galego do Benestar, “un sistema de xestión público, similar ao SERGAS, que garanta o acceso de toda a poboación aos servizos sociais”. A proposta do BNG contempla a creación dun só ente público que xestione as residencias de maiores, os servizos de axuda no fogar e os centros para persoas con discapacidade.

Segundo Olalla Rodil, “nos últimos once anos, o goberno do Partido Popular non creou unha soa residencia de maiores de xestión pública directa”. Para Olalla Rodil “é claro o fracaso do modelo do Partido Popular, pois o 98% das mortes por COVID-19 que aconteceron nas residencias de maiores galegas foron en residencias privadas”. Segundo Olalla Rodil, “a atención ás persoas con discapacidade ou á terceira idade non teñen que ser un negocio, o 12 de xullo temos que cambiar este sistema de privatización e mercantilización para garantir a calidade de vida de todas as galegas e galegos”.

Olalla Rodil afirmou que “a partir deste 12 de xullo temos que mudar as políticas de privatización e mercantilización da Xunta de Galiza”. “O cambio de modelo é posíbel este 12 de xullo”, afirmou Olalla Rodil, que chamou a “concentrar o voto no BNG para facer historia e ter por primeira vez unha muller presidenta na Xunta de Galiza”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive