06 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Xunta apoia a iniciativa “Percebe Solidario” impulsada pola asociación veciñal o Cantal de Rinlo

30-07-20

 Ribadeo, 30 de xullo de 2020. A Xunta de Galicia apoia a iniciativa “Percebe solidario” impulsada pola asociación veciñal O Cantal de Rinlo, un evento que se organiza neste 2020 no que os condicionantes derivados da pandemia por coronavirus non fixeron posible celebrar unha nova edición da tradicional festa gastronómica do percebe.

O xefe territorial da Consellería do Mar, Pablo Fernández Asensio, participou na inauguración da figura que homenaxea a este produto típico desta localidade ribadense ao tempo que servirá para a recollida de tapóns de plástico con fins solidarios.

A Administración autonómica financia o cen por cen do custe desta iniciativa e traballa co colectivo veciñal no deseño de novos eventos culturais e gastronómicos de cara aos vindeiros meses para dinamizar a actividade turística deste tradicional pobo mariñeiro.

Desde a Xunta animaron a apostar por consumir produtos do mar de Galicia, aínda que circunstancialmente este ano non poida facerse nas festas gastronómicas que adoitan ser multitudinarias. O Goberno galego lembra que peixes e mariscos son seguros e teñen unha extraordinaria calidade xa demostrada, como o conxunto da gastronomía galega vinculada ao mar.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive