11 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Xunta e os traballadores de alcoa San Cibrao acordan instar a goberno e empresa a que recitifiquen e garantan un futuro para a planta

31-07-20

 Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2020. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria en funcións, Francisco Conde, mantivo un encontro co comité de Alcoa para avaliar a situación actual e como afrontar os próximos días de cara a atopar unha solución para o mantemento do emprego e da actividade. Así, Xunta e traballadores acordaron solicitar a Alcoa que desista de seguir adiante co ERE para que todas as partes implicadas poidan reunirse na mesa onde identificar unha saída que dea continuidade á planta.

O Goberno autonómico reproba a actitude tanto do Executivo central como da empresa, o primeiro por ocultar información e a segunda por non poñer todos os medios ao seu alcance para chegar a un entendemento: “Agardamos que non haxa un acordo encuberto entre o Goberno e Alcoa para pechar”, afirmou o conselleiro. Neste sentido, Conde pediu transparencia ao Executivo -xa que recibiu máis propostas de compra- e incidiu na necesidade de contar cun prezo eléctrico estable e competitivo que garanta a viabilidade da planta: “Cun prezo eléctrico competitivo Alcoa San Cibrao é viable, sen el non hai posibilidades”, asegurou. Por iso, reiterou a petición da Xunta de convocar a mesa industrial con todas os axentes para coñecer, con transparencia, a información que ten o Goberno e para que este ofreza certezas tanto no eido enerxético como no das ofertas recibidas.

En canto á multinacional, Conde incidiu en que estamos ante un novo contexto no que existe un posible comprador que fai necesario que se retire o ERE e non se paren as cubas para poder explorar esta oferta. Así, tal e como informou, hoxe mesmo a Autoridade laboral presentará unha advertencia para intentar paralizar o ERE. “A Xunta non vai admitir esta situación e impulsaremos as medidas que permitan paralizar a posición de Alcoa”, anunciou Conde quen lembrou que a empresa ten medios suficientes para lograr un acordo e lembrou que pode recorrer ao fondo de solvencia para empresas estratéxicas para que o Goberno poida intervir de xeito temporal a empresa e outorgar máis tempo para que Alcoa e o posible comprador cheguen a un entendemento.

Conde, que volveu mostrar o seu apoio ás mil familias que dependen da decisión de Alcoa San Cibrao, puxo de novo a disposición das partes os medios cos que conta en materia industrial e enerxética: “Galicia leva moitos anos comprometida con Alcoa e merecemos un trato diferenciado por parte da empresa e do Goberno”, concluíu.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive