06 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP de Lourenzá denuncia que o goberno local incumprise a regra de gasto “sen ningún motivo xustificado”

31-07-20

Lourenzá, a 31 de xullo de 2020. O Partido Popular de Lourenzá denuncia que o goberno local incumprise a regra de gasto “sen ningún motivo xustificado”, e atribúen esta cuestión á unha mala xestión dos fondos municipais por parte do executivo socialista. Así llelo trasladaron os populares no día onte á alcaldesa durante a celebración da sesión plenaria, onde indicaron que, logo de estudar o plan económico financieiro, se observan “desfases económicos claros”. É o caso das partidas orzamentarias de 2019 e a de gastos reais do Servizo de Axuda no Fogar que, malia estar dotadas con 60.000 euros, a entidade local gastou un 75% máis, é dicir, máis de 105.000 euros.

Dado que a atención a domicilio é unha prestación esencial, dende o PP entenden que se queira cumprir cos veciños aumentando o gasto, pero o que non consideran de recibo é que, nesta prestación, onde houbo baixas de persoal e a entidade local recurreu á empresa privada en vez de organizar esta prestación con profesionais contratados polo Concello.

Froito desta deficitaria xestión é tamén que non se solicitase este ano a brigada contraincendios, que permite, ademais do propio servizo que leva implícito, a creación de emprego no municipio. “Non cremos que estean os tempos para andar renunciando a dar emprego á xente e, moito menos, gastar 7.000 euros en reparar a carroceta que temos e que non serve, cando a Xunta de Galicia pon a disposición do Concello a posibilidade de contratar brigadistas e os medios técnicos para facer este traballo”, destacan.

A este respecto, o voceiro popular, Francisco Javier Rodríguez Barrera, engade: “parécelles moito gastar 18.000 euros para dar emprego a sete persoas pero non aumentar un 39% as retribucións dos órganos de goberno, cun custe a maiores no orzamento de 16.000 euros no último semestre do ano 2019”, manifesta.

Desfase nas partidas de festas
Outro dos argumentos polos que dende o PP se reproba que os socialistas incumprisen a regra de gasto é polo aumento desproporcionado nas partidas referentes a actuacións e espectáculos como a Festa da Faba. Estas tiñan un orzamento total de 56.000 euros, pero a entidade local gastou 85.800; o que supón un 54% máis.

O goberno local “sae moi caro aos laurentinos”
“Vemos que o servizo de desbroce municipal está anulado, no que se lle pagou a Trabada máis de 36.000 euros por ter un tractor parado e lle contrataron traballos deste tipo a empresas privadas que, seguramente, tampouco estaban orzamentados; o que supón máis gasto por un servizo cunha xestión nefasta. Coas festas gastaron máis, coa Axuda no Fogar tamén… En definitiva, temos a sensación de que no primeiro semestre gastaron máis para gañar unhas eleccións e, no segundo, se adicaron a celebralo con festas e subidas de soldo á conta de todos, por suposto”, apunta Barrera quen defende que “problema non é subirse o soldo, o problema é que o seu traballo non xustifica esta suba e visto o realizado, este goberno sáenos moi caro aos laurentinos”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive