13 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Sergas contesta á Plataforma Sanitaria da Mariña e acúsaa de electoralismo

09-07-20

 Lugo, 9 de xullo, 2020. Ante a información difundida esta tarde por un grupo de profesionais do distrito de A Mariña, dende o Servizo Galego de Saúde queremos deixar claro os seguintes aspectos:

O brote de Covid-19 que está a afectar ao distrito de A Mariña segue a ser unha arma electoral, cando non debería de ser así, pois neste momento, están adoptadas todas as medidas sanitarias necesarias para conter o brote, tanto de detección de todos os contactos que van xurdindo, como de diagnóstico e seguemento de todos eles.

Insistir, unha vez máis en que os casos dos que se está a informar diariamente dende o Servizo Galego de Saúde e dende a Consellería de Sanidade son os casos reais, e ofrécense diariamente, tanto ás autoridades locais como aos medios de comunicación (para coñecemento de toda a poboación) e ao propio Ministerio de Sanidade, na declaración que se fai a diario de casos de Covid-19 e que se remite ao citado Ministerio.

Salientar, ademais, que as persas que son positivas e se atopan no seu domicilio cumprindo o preceptivo illamento pola enfermidade son seguidas diariamente polos seus médicos de Atención Primaria, así como mediante teleasistencia desde o hospital, o que demostra que ditos profesionais aínda non coñecen como se está a traballar, tanto agora mesmo, como durante a pandemia, no seguimento dos casos no domicilio.

Ademais, faise un seguimento de todos os contactos, que leva a cabo o Centro de Seguimento de Contactos, e se nalgún momento é preciso que calquera deles precisen asistencia médica, son derivados ao correspondente servizo médico.

Todos os médicos de Atención Primaria dispoñen de toda a información clínica dos seus respectivos pacientes en relación con esta infección e a súa evolución. Insistimos, de cada un dos seus pacientes.

Por outra banda, incidir en que a actividade asistencial que se realiza tanto nos centros de saúde como nos hospitais desenvólvese de acordo aos diferentes plans de reactivación da actividade asistencial deseñados para a volta á normalidade, ao igual que no resto de actividades da vida diaria. E ditos plans ou protocolos adáptanse sempre á situación epidemiolóxica que en cada momento ten cada zona.

Finalmente, queremos resaltar o gran esforzo que están a facer todos os profesionais do distrito sanitario de A Mariña no seguimiento dos pacientes afectados por este brote, no diagnóstico de todos os casos e, en xeral, en toda asistencia sanitaria que están a prestar a toda a poboación de A Mariña, conxungando con gran profesionalidade a situación epidemiolóxica cunha atención segura e de calidade.

Remarcar tamén o enorme esforzo que están a realizar os servizos de medicina preventiva e vixilancia epidemióloxica no control e seguimento deste brote, que permitiu adoptar todas as medidas sanitarias necesarias para garantir a seguridade e a protección da saúde de toda a poboación.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive