26 de Setembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A desidia do PSOE provoca que continúen as homenaxes a fascistas no Barrio do Chao, denuncia o BNG de Viveiro

15-09-20

 Viveiro, 15 de setembro, 2020. O vindeiro 2 de outubro cúmprese un ano desde que solicitamos a aplicación da Lei de Memoria Histórica no Barrio do Chao en Celeiro, retirando toda homenaxe a fascistas de dito lugar e facendo especial fincapé nas placas situadas na estatua de San Rafaeliño, as cales mencionan ao falanxista Pedrosa Latas. Nesta sesión plenaria acordouse a substitución das placas, así como tamén a eliminación de todos os recoñecementos públicos que vaian en contra da Lei de Memoria Histórica e que podan aínda perdurar no Barrio do Chao.

Mais un ano despois nada se fixo, polo que rogamos de novo que de maneira inmediata a alcaldía emita as intruccións necesarias para retirar estas placas e toda homenaxe fascista en aplicación a Lei.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive