28 de Setembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Secretaría Xeral para o Deporte concedeu un total de 58.600 euros a catro entidades lucenses para a adquisición de furgonetas e outro equipamento

14-09-20

 Lugo, 14 de setembro de 2020. A Secretaría Xeral para o Deporte concedeu un total de 58.600 euros a catro entidades lucenses ao abeiro da convocatoria de axudas para a adquisición de equipamentos deportivos, que se tramitou en réxime de concorrencia competitiva.

Os clubs beneficiados son o Club Ensino de baloncesto, que recibe 20.000 euros, o Club de voleibol Emevé (19.500 euros), Judo Lugo (15.280 euros) e Ritmo Lugo Dance (3.840 euros). As tres primeiras entidades destinarán a subvención á compra de furgonetas e material como tatamis, marcadores multideporte, módulos de posesión portátiles ou caixas de primeiros auxilios. No caso de Ritmo Lugo, adquirirán un desfibrilador, calefacción portátil, colchonetas e outros elementos.

A Xunta colabora así coas entidades deportivas sen ánimo de lucro, recoñecendo o papel fundamental que xogan no fomento da práctica deportiva e contribuíndo á modernización e actualización do material deportivo que precisan para o adecuado desenvolvemento do seu labor.

Na mesma liña, o pasado mes de xullo aprobou outro programa de apoios polo que achegou 212.700 euros a 138 entidades deportivas lucenses para subvencionar os gastos derivados da súa participación en competicións oficiais.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive