28 de Setembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Vicepresidencia colaborará no proxecto de ampliación de Museo do Pobo Galego, que afondará na súa relación cos museos e centros de investigación da provincia

14-09-20

 Lugo, 15 de setembro de 2020. A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, reuniuse este martes co presidente do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi, e mais o director e tesoureiro da entidade, Manuel Vila e Lino Lema, que expuxeron o proxecto iniciado pola entidade para ampliar o espazo de exposicións e ofrecer novos servizos e cara ao Xacobeo 2021.

Maite Ferreiro mostrou a disposición da Vicepresidencia “a colaborar cunha entidade que recolle a esencia da identidade galega. Entendemos que o estudo e promoción da cultura e da historia de Galiza debe implicar a todas as institucións de Galiza, cada unha dentro das súas posibilidades orzamentarias”, argumentou.

Maite Ferreiro explicou que “o presidente e director do Museo do Pobo Galego expuxeron a súa intención de afondar na proxección do centro en toda Galiza, ampliando a colaboración que xa ven mantendo con outros museos e centros de investigación, tamén na provincia de Lugo. Nese sentido, tamén manifestamos o noso total acordo e disposición a colaborar. Parécenos fundamental que o inxente labor de investigación, conservación, divulgación e promoción da cultura galega que desenvolven chegue a todo o territorio”, concluíu.

A colaboración co proxecto de ampliación do Museo do Pobo Galego sumaríase á achega que a área de Cultura ven mantendo coa entidade, cun importe anual de 15.000 euros.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive