24 de Setembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O ximnasio e a piscina municipal de Cervo reabriron este martes

15-09-20

 Cervo, 15 de setembro de 2020. O Concello de Cervo reabriu no día de hoxe o ximnasio e a piscina olímpica municipal cun estrito protocolo de seguridade, con aforo limitado a 24 persoas máximo por quenda e con cita previa obrigatoria vía telefónica no 982 59 45 12, no horario de apertura da instalación; de luns a venres de 9:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas; e sábados de 9:00 a 13:30 horas e de 17:30 a 20:30 horas.

Tal e como precisou o edil de Deportes, David Rodríguez, logo de supervisar o funcionamento da instalación nesta primeira xornada de adaptación á nova situación, “a normalidade, dentro das medidas de control que establecemos, foi a tónica dominante nestas primeiras horas”; con 35 persoas usuarias en horario de mañá e 19 previstas durante a tarde, entre a piscina e o ximnasio -datos extraídos das citas rexistradas vía telefónica para o control de aforo-.

Só se aceptarán reservas con 3 días máximo de antelación sobre a data desexada para facer uso do servizo e a máscara será obrigatoria sempre e en toda a instalación.

Rodríguez animou á veciñanza a retomar a rutina ou a iniciarse na practica da natación e do exercicio físico coas vantaxes que isto supón; e apelou tamén á responsabilidade individual e a importancia de respectar as normas e protocolos para que todos podamos desfrutar con garantías destas instalacións privilexiadas que temos en Cervo, únicas na provincia.

O responsable de Deportes recordou que durante este tempo no que nos vimos obrigados a pechar a piscina, estivemos acometendo diversas tarefas de mantemento e adecuación, tales como “a renovación integral da rede de subministro de auga fría e
auga quente, que suporá un incremento do caudal de auga nos vestiarios, e unha mellora térmica; o acondicionamento dun novo almacén e dun cuarto para o material de limpeza; ou a habilitación dun novo vestiario para os empregados municipais”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive