25 de Xaneiro de 2021

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Este xoves as monitoras de Gaia, do Concello de Burela, estiveron impartindo unha charla denominada A reciclaxe ten moito que contarche aos alumnos de 3° de Primaria do CEIP Virxe do Carme

26-11-20

Esta actividade está englobada dentro da programación da Semana Europea da Prevención de Residuos, que tivo lugar do 16 ao 24 de novembro. “Nesta charla os rapaces aprenden o importante que é aplicar no noso día a regra dos 3R: reducir, reutilizar e reciclar, e reducir así o lixo que xeramos”, explican desde Gaia. Durante toda esta semana e o luns da que ven Gaia tamén traballa sobre a redución de residuos con infantil do mesmo CEIP. Neste caso facendo manualidades reutilizando cartón, facendo coroas de Nadal utilizando cartón de caixas usadas tamén para decoralas.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive