27 de Novembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Ribadeo volveu este venres ao nivel verde de contaxios por covid

20-11-20

 Ribadeo, 20 de novembro de 2020. Ribadeo volveu hoxe ao nivel verde de contaxios por covid. O alcalde, Fernando Suárez, pide moita precaución e di que “de todos e cada un de nós dependen o Nadal, o inverno, a saúde…”.

O rexedor comentou que “segundo os datos que hoxe publica a Consellería de Sanidade, Ribadeo volve ao nivel verde. Desde logo que é algo positivo, pero nesta montaña rusa de contaxios na que vivimos, temos que seguir tendo moitísima precaución e seguir actuando de acordo coas recomendacións sanitarias”.

Suárez Barcia subliñou que “de todos e cada un de nós depende o Nadal, o inverno, a saúde,…. todo!”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive