18 de Xaneiro de 2021

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Cervo propón un dorso saudable

02-12-20

A educación postural é moi importante para manter as nosas costas saudables e, constantemente, no noso día a día, cometemos descoidos que nos poden pasar factura. Desde o Concello de Cervo, en colaboración con Pasiños na Lúa -un dos establecementos situados no Centro de Emprendemento de Sargadelos- programamos unha actividade teórico-práctica específica gratuíta para aprender a coidar o noso dorso dirixida a todos os públicos. Será o luns, 7 de decembro ás 18.00 horas no Auditorio da Casa da Cultura (San Cibrao). O aforo é limitado. Inscrición por whatsapp no 678 11 06 41 (Reyes Quelle)

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive