20 de Xaneiro de 2021

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Cilene, intervida con éxito do tendón de aquiles

12-01-21

 Burela, 12 de xaneiro, 2021. A peche Cilene Pereira Paranhos foi intervida con éxito esta tarde do tendón de Aquiles no hospital Polusa de Lugo. A cargo do traumatólogo Albert Grau, a internacional brasileira foi sometida á cirurxía da rotura sufrida o sábado pasado nos últimos segundos da Supercopa de España na que o Pescados Rubén Burela FS conquistou o triplete da tempada.

A 6 laranxa, que será dada de alta mañá se non hai cambios, comezará o proceso de recuperación en Burela baixo a supervisión do corpo médico do club mariñán.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive