20 de Xaneiro de 2021

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Viveiro informa de 226 casos activos de Covid-19

14-01-21

  Viveiro, 14 de xaneiro de 2021. Dende a Alcaldía de Viveiro infórmase que a día de hoxe hai un total de 226 casos de positivos activos.

No día de onte a Xunta de Galicia publicou o Decreto e mais a Orde coas novas medidas de aplicación á Comunidade Autónoma de Galicia, que entrarán en vigor ás 00.00 horas de mañá, venres 15.

Viveiro é un dos 60 concellos galegos que pasa a estar nun nivel máximo de restricións pola evolución da situación epidemiolóxica. As principais medidas son as seguintes:

Peche perimetral do Concello de Viveiro.

O toque de queda adiántase ás 22.00 horas.

As reunións continúan a ser dun máximo de 4 persoas non convivintes, tanto en espazos públicos como privados.

Peche do comercio ás 21:30 horas.

Peche da hostalaría ás 18:00 horas. A actividade limítase ao 50% do aforo nas terrazas e queda prohibida no interior.

Con respecto ao reparto de comida a domicilio, pode realizarse ata as 00,00 horas e a recollida no propio establecemento pode realizarse ata as 22:00 horas.

As autoridades sanitarias recomendan limitar a actividade diaria ao traballo, os estudos e a adquisición de alimentos.

Á marxe das medidas e restricións impostas polas autoridades sanitarias, desde o Concello de Viveiro facemos un chamamento á responsabilidade individual, chegan semanas complicadas e temos que facer un esforzo conxunto para frear o aumento de contaxios. Está en xogo a saúde de tod@s!

PEDIMOS RESPONSABILIDADE para que nas próximas semanas podamos voltar á normalidade!

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive