20 de Xaneiro de 2021

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Terra Branca convoca a sétima edición do seu concurso de Cartas de Amor

12-01-21

 Ribadeo, 12 de xaneiro de 2021. Galería Terra Branca, de Ribadeo, convoca a sétima edición do seu concurso de Cartas de Amor. O prazo de entrega finaliza o 14 de febreiro.
As obras presentadas deben ser orixinais, en prosa ou poesía, e escritas en galego ou castelán, cunha extensión máxima dun folio por unha cara. Os participantes poden enviar as súas cartas por correo postal ou electrónico, con todos os seus datos persoais, ou entregalas directamente en Terra Branca, Avenida de Galicia, 8 – 27.700 Ribadeo. A dirección de correo electrónico é galeriaterrabranca@gmail.com e os números de teléfono son 982 128 171 ou 698 452 124.
O premio consta dunha magnífica figura de cerámica galega, relacionada co tema do amor e os sentimentos, e un vídeo clip personalizado da carta gañadora, realizado por Terra Branca Audiovisuais especialmente para esta ocasión.
O xerente de Terra Branca, José Ramón Leal, declarou que “como cada año, se invita a participar a cualquier autor que quiera expresar sus sentimientos a través de un escrito, en el que hable de su amor a su pareja, a su familia, a sus pasiones, a la vida o a su tierra”.
Leal lembrou que “han pasado por este concurso cientos de cartas y ya hay seis galardonados que forman parte de la historia de Terra Branca. Los ganadores de las anteriores ediciones de este concurso fueron: Carmen Santamarina, de Barreiros; Francisco González, de Oviedo; Laura Sánchez, de Gijón; Alba Sánchez, de Santiago; Nuria Blanco, de Madrid; y Pilar Bellón, de O Corgo”.
O propietario de Terra Branca comentou que “el jurado estará formado por Mini López-Santos Santiago y yo mismo, y contaremos otro año más con el inestimable asesoramiento profesional del poeta Paco Rivas. La carta ganadora será leída en Radio Foz, Radio Voz y publicada en las redes sociales más importantes”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive