Corenta familias de Burela uníronse a campaña “ti podes dar vida, aforra auga” promovida pola concelleira de Medio Ambiente, Lucía Bouza.
Os interesados en aforrar auga e participar na iniciativa poden inscribirse e nesta campaña. A responsable municipal propón que ” a xente participe porque seguimos repartindo os perlizadores que nos poden axudar a aforrar entre o un corenta e un sesenta por cento da auga que consumimos nas nosas casas”.
Lucía Bouza matizou que “estamos moi contentos coa acollida que estamos a ter este ano porque a participación medrou moito”.
Nota de Prensa
CORENTA FAMILIAS DE BURELA CONTAN XA CON PERLIZADORES NOS SEUS DOMICILIOS PARA O AFORRO DE AUGA.
Burela, 10 de xuño de 2008. Corenta familias de Burela se inscribiron na campaña Ti podes dar vida, aforra auga que está a levar adiante a concellaría de Medio Ambiente. A edil, Lucía Bouza, anima <á xente a que participe nesta campaña porque seguimos repartindo os perlizadores que nos poden axudar a aforrar entre o 40 e o 60% da auga que consumimos nas nosas casas. Estamos moi contentos coa acollida que estamos a ter este ano porque a participación medrou moito, pero aspiramos a que ainda se apunten moitos máis veciños>.
Os interesados en aforrar auga poden aproveitar para anotarse e informarse sobre esta campaña acudindo esta tarde á conferencia que terá lugar ás oito e media na Sala de Conferencias de Burela (antiga biblioteca), e na que se darán consellos para aforrar auga e enerxía. Será impartida por Mª Xosé Castro e Iván Rodríguez. A esta cita foron convocados os hostaleiros de Burela <aos que lles enviamos cartas convidándoos a participar porque eles non estaban incluidos na campaña de reparto de kits. Pido disculpas de antemán por si algún non recibiu a invitación correspondente e anímoos a que participen nesta interesante charla que impartirán a técnico de Medio Ambiente e o responsable dunha empresa que fabrica dispositivos para o aforro de auga>, engade Lucía Bouza.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



