BARREIROS.- O Voceiro do BNG en Barreiros, Antonio Veiga, di que o no seu grupo estmos “dispostos a colaborar tanto cos promotores coma coa alcaldía e cos veciños en xeral para poder sacar adiante o Plan Xeral”.
Os nacionalistas priorizan “garantir por encima de todo eses servizos necesarios para que despois se poidan construír edificios”. Antonio Veiga asegura que “un ano despois da constitución do novo goberno municipal” o concello de Barreiros “seguen a rexerse polos vellos patróns de goberno”.
Nota de Prensa
O BNG OFRÉCELLE COLABORACIÓN AO ALCALDE DE BARREIROS PARA SACAR ADIANTE O PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL.
Barreiros, 9 de xullo de 2008. O voceiro do BNG en Barreiros, Antonio Veiga, asegura que <estamos dispostos a colaborar tanto cos promotores coma coa alcaldía e cos veciños en xeral para poder sacar adiante o PXOM. Un plan que hai que dialogar para garantir por encima de todo eses servizos necesarios para que despois se poidan construir edificios. Nós seguimos dicindo o mesmo que hai un ano ou hai dous anos ou máis: primeiro servizos e despois edificios. Si outros cambiaron de parecer eso sí que non é culpa nosa>.
O nacionalista considera que un ano despois da constitución do novo goberno municipal <desde o BNG entendemos que esto é máis do mesmo e en Barreiros seguen a rexirse polos vellos patróns de goberno con lentitude e escasa xestión nos temas de máis interés para os veciños>.
Antonio Veiga di que <si falamos de urbanismo e facemos memoria do ocorrido hai un ano pois parecía que, os que antes pedíamos racionalidade, que había que garantir os servizos antes que os edificios, que había que dialogar e que había que facer un plan xeral, estábamos tolos ou eso era que se insinuaba desde o PP. O voceiro do BNG engade que <agora un ano despois curiosamente a petición dos promotores de Barreiros celébrase unha xuntanza cos voceiros dos grupos políticos e o alcalde e é curioso que os mesmos argumentos que antes daba o BNG agora os usa a asociación de promotores e os usa o propio alcalde. Entón ¿quén variou de postura aquí? Desde logo que o BNG non. Alegrámonos de que coincidan os promotores e o PP co que nós defendíamos hai un ano, incluso tendo en conta o custe electoral que podía ter>.
Convenio da auga
Veiga Outeiro lembra que <hai un ano que tiña que empezar a executarse o convenio da auga, e non é culpa do BNG que só 5 promotores a estas alturas teñan depositado os cartos. Eles saberán o que asinaron e cando o asinaron e o alcalde saberá que é o que se asinou tamén e a quen llo ten que esixir. Desde logo que non llo ten que esixir nin aos veciños nin ao BNG, senón que llo terá que demandar a quen asinou o convenio con él. Convenio que no seu día apoiou o BNG>. O voceiro nacionalista en Barreiros esixe <que se cumpla. Eso sí, tamén sabendo da situación actual nesa reunión aceptamos xunto aos outros grupos políticos unha moratoria ata o mes de outubro, e agardamos que cando chegue outubro todos os promotores que firmaron o convenio da auga teñan depositado os cartos para levar adiante ese servizo tan necesario para o noso Concello>.
Arquitectos
Ao nacionalista Antonio Veiga chámalle a atención que <nun ano no que a actividade urbanística é bastante baixa, no Concello teñamos dous arquitectos contratados. Non se sacou a concurso, eso sí, ningunha das prazas. Son dous arquitectos contratados a dedo. Polo tanto a transparencia e a xestión que tanto prometía o PP antes das eleccións en materia urbanística vemos que cae nos mesmos erros nos que caeu en anos anteriores>.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



