O VICEDO .- Mariscadoras que faenan na desembocadura do río Sor, en O Vicedo e O Barqueiro, iniciaron os traballos de limpeza para eliminar do hábitat do río a ostra japónica que invade a ría e interfire no cultivo da ameixa. As mariscadoras levan retiradas ducias de toneladas de ostras que se destinan a unha empresa de pensos
Este tipo de ostra é unha especie invasora que sementaron na desembocadura do Sor, fai uns trinta anos, entre as inmediacións da area de Lama e o porto de San Fiz A iniciativa resultou ser un innovador descontrolado e ruinoso experimento con escaso e limitado beneficio que quedou esquecido mentres se espallaba a praga Agora toca limpeza coa colaboración da Consellería de Pesca.
Limpan a desembocadura do Sor de ostra sementada fai uns 30 anos

Limpan a desembocadura do Sor de ostra sementada fai uns 30 anos
Relacionado
-
A Xunta rematará o vindeiro ano as obras de mellora de seguridade e capacidade da estrada LU-540, entre Viveiro e Ourol, cun investimento de 8,2M€
-
O concello de Ribadeo licitará en breve o equipamento para o Hospital Asilo para o que dispón xa dunha partida de 400.000 euros
-
O BN de Viveiro denuncia a parálise da nova Ordenanza de Tenza de Animais por parte do goberno de PP