rio sor
O VICEDO .- Mariscadoras que faenan na desembocadura do río Sor, en O Vicedo e O Barqueiro, iniciaron os traballos de limpeza para eliminar do hábitat do río a ostra japónica que invade a rí... Ler máis
O VICEDO .- Mariscadoras que faenan na desembocadura do río Sor, en O Vicedo e O Barqueiro, iniciaron os traballos de limpeza para eliminar do hábitat do río a ostra japónica que invade a rí... Ler máis
Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro luns 16 de decembro unha conferencia na que o doutor en Xeoloxía, Francisco Canosa, presentará os resultados dun proxecto de investigación sobre os metais preciosos na minaría antiga da Mariña. A conferencia terá lugar ás 19.00 horas no Salón de Actos do CENIMA (Foz). O citado proxecto, promovido por Mariña Patrimonio, contou co apoio da área de Cultura da Deputación de Lugo.
Durante a cita, Carlos López asistiu ao ronqueo do atún e á súa preparación, visitou as exposicións dos Patróns Maiores e das mulleres con traballos relacionados co mar e tamén os murais do exterior da confraría. No acto participou o Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas; a Alcaldesa de Burela e Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López; e o Presidente da Confraría de Pescadores de Burela, José Basilio Otero, entre outras autoridades.
Como consecuencia do grave quebranto orzamentario que supuxo a retirada do patrocinador principal, o equipo feminino vese imposibilitado a participar no torneo oficioso Futsal Women's European Champions - Puglia Edition 2024 a celebrar en Italia e organizada polo USD Bitonto Calcio a 5.
Daniel Basanta (5 anos), Daniela Ben (6 anos), Xela Fernández (11 anos) e Aroa Otero (6 anos) que foi a elixida para as felicitacións de Nadal do Concello.
Unha comedia sobre desigualdade laboral para público adulto dirixida por Xoque Carbajal. Venda de entradas: De luns a xoves, no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es ou na taquilla unha hora antes da función.
Trala elaboración a pasada fin de semana, agora poderanse ver durante todas as festas na Casa da Cultura e na Casa do Concello.
O Centiño representou a súa comedia "A morte morrida" e os veciños responderon, pois recadáronse máis de 600 euros en efectivo, ademais de varias caixas de alimentos. Todo un éxito. "Dá gusto ver como o teatro afeccionado serve para facer a vida máis divertida e, ao mesmo tempo, máis solidaria".
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital