O VICEDO .- Mariscadoras que faenan na desembocadura do río Sor, en O Vicedo e O Barqueiro, iniciaron os traballos de limpeza para eliminar do hábitat do río a ostra japónica que invade a ría e interfire no cultivo da ameixa. As mariscadoras levan retiradas ducias de toneladas de ostras que se destinan a unha empresa de pensos
Este tipo de ostra é unha especie invasora que sementaron na desembocadura do Sor, fai uns trinta anos, entre as inmediacións da area de Lama e o porto de San Fiz A iniciativa resultou ser un innovador descontrolado e ruinoso experimento con escaso e limitado beneficio que quedou esquecido mentres se espallaba a praga Agora toca limpeza coa colaboración da Consellería de Pesca.

Limpan a desembocadura do Sor de ostra sementada fai uns 30 anos
Relacionado
-
O BNG propón crear unha rede de Centros de Interpretación en Viveiro
-
A ciberseguridade e os ciberataques centraron as charlas impartidas en Ribadeo polo equipo de investigación tecnolóxica da Garda Civil de Lugo
-
O Concello de Foz entrega unhas novas instalacións á asociación para persoas con minusvalía Virxe do Carme