BURELA .- Portos de Galicia ven de licitar as obras de ampliación das denominada A Moncloa en Burela, local de lecer dos xubilados do mar, ubicado no porto de Burela. Segundo anuncia o alcalde, Alfredo Llano “trátase da ampliación desas instalacións que van contar cun porche para que os xubilados do mar tamén poidan reunirse ao aire libra nese lugar. A obra xa está licitada e presupostada nuns 44.000 euros e agardamos que comence en breve”.
Portos ampliará en Burela o local dos xubilados do mar A Moncloa
Portos ampliará en Burela o local dos xubilados do mar A Moncloa
Relacionado
-

Medio Rural lembra que segue aberto o prazo de matricula nos ciclos ofertados no CFEA Pedro Murias de Ribadeo
-

A Xunta e a OPP-7 Porto de Burela analizan novas liñas de colaboración fronte ao reto da remuda xeracional
-

Aparece con vida un home de avanzada idade que faltaba desde a tarde do sábado en Xove
















O encargado de dar a saída foi o alcalde, Dani Vega, que estivo acompañado pola concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, e pola presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. Por diante 21 quilómetros de percorrido por paraxes espectaculares ata chegar á meta na praia das Catedrais. A proba desenvólvese nunha tarde soleada e moi calorosa.
O evento está organizado pola asociación de veciños da parroquia, co apoio do Goberno galego. Arias puxo en valor o traballo do colectivo organizador para "facer medrar este evento ano tras ano, consolidándoo en soamente tres anos como unha das citas destacadas no calendario festivo da comarca".
Na xuntanza, que tivo lugar no Departamento Territorial da Xunta en Lugo, avaliouse a posibilidade de establecer vías de colaboración para mellorar as infraestruturas rurais da localidade. A maiores, estudouse a situación dos instrumentos de mobilización da terra agraria que se desenvolveron na localidade e afondouse na mellora da súa xestión forestal.
Desde a Xunta de Confrarías animan aos Confrades, Irmáns e Irmás de todas as Confrarías e Irmandades a participar neste celebración, "pois cremos que é bo fraternizar durante todo o ano, máis aló do período de Semana Santa, dentro das actividades relacionadas". A Xunta de Confrarías está activa durante todo o ano participando e promovendo eventos, e participando en procesións e invitacións que recibimos doutras institucións.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial e unha actuación musical a cargo do grupo de gaitas Axóuxere de Roupar. A continuación, tivo lugar o tradicional xantar no pavillón municipal e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade. Carmela López subliñou que “máis dun terzo do noso orzamento vai para políticas sociais: para que o Servizo de Axuda do Fogar chegue a quen o precise; para que a Teleasistencia funcione 24 horas ao día, porque a tranquilidade das familias tamén é importante; e para ofrecer residencias públicas no rural, garantindo que ninguén teña que marchar da súa terra para recibir os coidados que merece”.
A clínica focense comprométese coa entidade laranxa e segue garantizándonos o bo estado de saúde dos nosos dous planteis.
Na reunión tratáronse as principais necesidades do municipio e exploráronse posibles vías de colaboración desde a Xunta para levar a cabo iniciativas conxuntas, no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.



