Ribadeo, 14 de outubro de 2008. O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro di que <sobre a aptitude con p de Francisco Rivas só lle quero decir que incluso da persoa máis inculta do mundo se pode aprender algo, pero desde logo del hai determinadas actitudes con c que non as quero aprender e moita xente xa entende o que quero decir>. Cupeiro engade que <en canto á aptitude con p só lle vou decir unha cousa, dime de que presumes e che direi de que careces. Él considérase imprescindible e non sei que será de Ribadeo e do mundo cando él non estea. Máis ben parece ter un problema: é un pouco soberbio, todo é eu, eu e máis eu, parece que o mundo xira ó seu arredor. Un non sabe si será ao final un pouco egocéntrico>.
Pistas polideportivas
Sobre as pistas polideportivas que supostamente se ían construir no antigo vertedoiro <e botarlle a culpa ao seu ex compañeiro de goberno, despois de que o 25 de febreiro de 2000, aparecen unhas declaracións súas entrecomilladas no diario El Progreso nas que di están traendo material que é necesario para a zona onde se construirán as pistas polideportivas… entón ¿cómo lle debo preguntar ao ex alcalde si realmente él era o único do Concello que estaba na comisión de seguimento? ¿Por qué non explica que houbo que facer unha modificación do proxecto de selado por ter metido no vertedoiro 16.000 metros cúbicos de terra sen autorización da Xunta de Galicia, tal e como consta documentalmente?> segue a preguntarse o edil nacionalista. Horacio Cupeiro quere que <Francisco Rivas explique tamén de onde veu esa terra. O único que me pregunto é si no proxecto inicial estaban as pistas polideportivas e no modificado non aparecen ¿por qué non se fixeron?… cando este señor xustifica, como dixen antes, o recheo de terras para facelas. Xa sabemos lóxicamente das súas argucias para enganar. Primeiro fíxoo coa licitación do punto limpo cunha moción chea de mentiras e despois coas dietas, cando a subida é do 15% e él di que é dun 130%>.
O concelleiro de Medio Ambiente considera que <os nosos veciños xa notan que ten excesivas ansias de poder e eu só me pregunto ¿por qué será?>.


















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



