NOTA DE PRENSA
Dende o PP da Mariña cominase aos nacionalistas a apoiar as emendas do grupo Popular aos Presupostos do Estado se realmente queren decisivos para a comarca
O BNG EN MADRID SO FAI UNHA XESTIÓN ‘DE BOQUILLA’ EN FAVOR DA MARIÑA
• Para os populares o que realmente fixeron os nacionalistas foi vender a nosa comarca.
A Mariña, 08 de novembro de 2008.- O Partido Popular na comarca da Mariña quere saír ao paso das declaracións realizadas por múltiples dirixentes do BNG nos medios de comunicación nas cales cualificaban coma “decisiva” a súa xestión para conseguir 500.000 euros para o corredor costeiro Barreiros-San Cibrao nos presupostos estatais para o 2009.
“O BNG VENDEU Á MARIÑA”
Neste senso cumpre puntualizar que o que realmente fixeron os nacionalistas foi vender á Mariña. Hai que lembrar que nos últimos catro anos os responsables do BNG levan apoiando uns orzamentos en Madrid nos cales reiteradamente se contemplan incrementos nos investimentos para esta infraestrutura viaria que nunca se chegan a materializar. Ademais, no ano 2006, o BNG xa fixo un anuncio semellante prometendo unha partida similar á de agora nos orzamentos daquel ano para estas obras, pero nunca chegaron a materializarse. A pesares disto, o BNG segue a aprobar os presupostos e a darlle o seu apoio ao Goberno Zapatero.
OS INVESTIMENTOS NON CHEGAN NIN PARA LIMPAR CUNETAS
Os dirixentes nacionalistas aproveitan ciclicamente estas negociacións “de boquilla” con Madrid para vender diante da opinión pública e nos medios de comunicación a súas presuntas xestións coma a panacea de tódolos problemas da Mariña, pero a crúa realidade amosa outra faciana ben distinta: A submisión e a utilización da Mariña coma moeda de cambio para que os dirixentes do BNG podan garantir os seus postos nas distintas institucións nas que gobernan conxuntamente cos socialistas. Isto é perfectamente contrastable. Só cabe recordar que xa no seu día o Congreso dos Deputados acordou por unanimidade o compromiso de que a remodelación desta vía de comunicación estivera en marcha no 2008 e sen embargo os orzamentos destinados para cumprir ese acordo non chegan nin para limpar as súas cunetas.
TRAIZON NACIONALISTA CO PORTO DE ALCOA
Outras mostra da pouca credibilidade dos responsables do BNG -có seu portavoz no Congreso ao fronte- foi o seu anuncio en San Cibrao de que vincularían o seu apoio aos orzamentos do Estado do 2009 á apertura do dique norte de Alcoa, e sen embargo, agora esqueceron esas promesas tan grandilocuentes e só se limitan a falar dun estudo que se plasmará no orzamento do 2010, pero o cal non dispón de partida presupostaria algunha.
EMPRAZAN A APOIAR AS EMENDAS DO PP
Por último, dende o Partido Popular da Mariña queremos emprazar aos representantes do BNG no Congreso dos Deputados para que sexan consecuentes coas súas promesas públicas e -si realmente están comprometidos con esta comarca- apoien as emendas presentadas polo grupo Popular aos Presupostos do Estado. Nestas emendas o Partido Popular recolle maior número de actuacións con partidas orzamentarias máis elevadas e acordes coas necesidades que precisa a Mariña lucense. Mentres non fagan isto, os membros do BNG non terán ningún tipo de credibilidade
”
PARTIDO POPULAR DA MARIÑA















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



