BURELA .- A Concellería de Benestar Social de Burela xunto coa Asociación Socio-Pedagóxica Galega organiza o ciclo de charlas “Aprender para educar” dirixido aos pais e nais e familias do Concello según indicou a responsable municipal Neves Cando. A programación de esta iniciativa desenrolarase en novembro, decembro e xaneiro.
Nota de Prensa e Programa
O VINDEIRO MÉRCORES 5 DE NOVEMBRO COMENZA EN BURELA A TERCEIRA EDICIÓN DO PROGRAMA APRENDER PARA EDUCAR.
Burela, 1 de novembro de 2008. Un ano máis a Concellería de Benestar Social do Concello de Burela e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, organizan un programa de formación dirixido aos pais, nais e familias do Concello. Segundo explica, a responsable deste departamento, Neves Cando <todas e todos somos sabedoras e sabedores de que na formación dos nosos fillos e fillas, nos primeiros anos da súa vida e até a conformación da súa personalidade, o papel que xogan as familias é determinante>.
Desde o Concello de Burela e a AS-PG, considerando a boa acollida que tiveron o I e II Aprender para Educar no ano 2007 e maio do 2008, organizan outro ciclo de conferencias que serva como guía para camiñar xuntos na formación dos adultos do futuro. A III Edición do Programa Aprender para Educar váise levar a cabo os mércores: 5 e 19 de novembro, 3 e 17 de decembro de 2008 e 7 e 21 de xaneiro de 2009 ás 19:30 h. no Auditorio da Casa da Cultura.
Neves Cando lembra que <na propia Casa da Cultura, Aula de Preescolar na Casa haberá servizo de gardería gratuito. Para acceder a ela os interesados deben chamar ao teléfono: 982 24 26 82 ou ben á educadora familiar do Concello que se chama Diana ao 982 58 60 00>.
PROGRAMA
|
DECÁLOGO PARA PAIS E NAIS DESPISTADOS/AS E AGOBIADOS/AS |
MÉRCORES 5 novembro de 2008
Juan Antonio Pinto Antón. Licenciado en Historia e Mestre de Preescolar na casa.
|
A FAMILIA COMO MODELO NAS ADICIÓNS |
MÉRCORES 19 novembro de 2008
Andrea Galego Valdeigrexas. Doutora de Medicina Familiar.
|
TODO UN MUNDO DE EMOCIÓNS NA EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL |
MÉRCORES 3 decembro de 2008
Cristina Lerma Rey. Mestra e pedagoga do IES “Macías Namorado” de Padrón.
|
COEDUCACIÓN E REVISIÓN DOS MODELOS MASCULINOS |
MÉRCORES 17 decembro de 2008
COLECTIVO HOMES GALEGOS POLA IGUALDADE
|
RESOLUCIÓN DOS CONFLICTOS E INTELIXENCIA EMOCIONAL |
MÉRCORES 7 Xaneiro de 2009
Carme Loureiro. Profesora do IES “Illa de Arousa”
|
PAUTAS DE CONDUCTA, DEREITOS E DEBERES DOS E DAS ADOLESCENTES
|
MÉRCORES 21 Xaneiro de 2009
Carme Loureiro. Profesora do IES “Illa de Arousa”
Todas as charlas terán lugar no Auditorio da Casa da Cultura ás 19,30 h.
























O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.



