REFERENCIA ROLDA DE PRENSA
Os populares temen que o Pacto Territorial do Emprego sexa un instrumento fracasado no obxectivo de crear máis postos de traballo de converterse nun chiringuito ao servizo do PSOE
O PPdeG DEMANDARÁ EXPLICACIÓNS A RICARDO VARELA POLAS CONTRATACIÓNS FEITAS NO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DA MARIÑA
* José Manuel Balseiro considera que o PSOE podería estar empregado cartos públicos para a contratación “de amigos e persoas afíns”.
* González Barcia pídelle a Remédios López que dimita..
Cervo, 30 de decembro de 2008.- O Partido Popular de Galicia (PPdeG) considera que a contratación da concelleira socialista de Burela Remedios López feita ao abeiro do Pacto Territorial de Emprego da Mariña, demostra que os socialistas, co beneplácito do BNG, poderían estar a empregar os cartos públicos, procedentes dos petos de todos os galegos, para pagar favores políticos e para a contratación de amigos, xerando postos de traballo só para as persoas afíns.
Nesta liña se manifestou Jose Manuel Balseiro, parlamentario do Grupo Popular e Secretario Provincial desta formación política en Lugo, que compareceu hoxe en rolda de prensa xunto co portavoz popular no Concello de Burela, José María González Barcia e outros edís populares de Burela.
Segundo adiantou Balseiro, o PPdeG reclamará a comparecencia de Ricardo Varela, conselleiro de Traballo e vicesecretario xeral dos socialistas galegos, no Parlamento, para que explique este proceso de contratación que podería ser totalmente fraudulento e que, cando menos, carece de toda ética e moralidade. De xeito especial, o parlamentario popular interesouse pola influencia que o Alcalde de Burela podería ter no desenvolvemento final do proceso de selección e, máis en concreto, reclamou coñecer cada un dos datos e baremos empregados “para verificar, con luz e taquígrafos se cumpriron os principios de mérito e capacidade que, como é lóxico e legal, deben inspirar toda contratación pública”.
Ao mesmo tempo, cuestionou o feito de que Alfredo Llano, compañeiro de partido dunha das candidatas hoxe seleccionadas, xefe do equipo de Goberno municipal do que Remedios López forma parte e Alcalde de Burela, debera terse inhibido neste proceso de selección.
CONTRATACIÓN MANILLADA
Pola súa banda, o portavoz popular burelés José María González Barcia considera que o alcalde de Burela actuou con total falla de transparencia; Barcia preguntouse se a decisión de contratar a Remédios López estaba xa manillada, porque lembrou que en varios procesos de selección de persoal do concello de Burela as respostas ós exames eran coñecidos de antemán por algúns aspirantes, polo que non sería de extrañar que no caso de Remedios López acontecese o mesmo.
Barcia considera que se o alcalde e López xa consentiron estas practicas con anterioridade, polo que probablemente non terían moitos escrúpulos en repetilas en proveito de Remedios López. O voceiro dos populares bureleses reclamou finalmente que a concelleira socialista dimita dos seus cargos “sen máis dilación”
ANTECEDENTES
Por outra banda, os populares insistiron nas súas intervencións na importancia de que dispoñer do carné do Partido Socialista non é razón suficiente para ter un trato de favor respecto do resto das persoas que optan a lograr un traballo na administración pública. De feito lembraron que este tipo de situación xa aconteceu na nosa comarca e ofreceron varios exemplos: a impugnación por parte dos Tribunais de Xustiza da concesión dunha praza en comisión de servizos na Delegación Territorial de Pesca ao voceiro do grupo municipal socialista do Vicedo, así como tamén o cese do anterior Delegado Territorial de Pesca tras o envío de currículos de persoas privilexiadas ás empresas do sector pesqueiro que operaban coa administración ou eran susceptibles de recibir axudas da mesma e, finalmente, no referente ao comportamento do titular do departamento autonómico de Traballo, máximo dirixente dos Pactos Territoriais polo Emprego, a contratación presuntamente fraudulenta dunha axente electoral do PSOE con cargo a fondos públicos.
CHIRINGUITO AO SERVIZO DO PSOE
Finalmente, o deputado popular lamentou que o Pacto Territorial polo Emprego na Mariña lucense poida fracasar de converterse nun INEM para os do PSOE. Nesa liña subliñou que de ser así, constituiría todo unha afrenta para os máis de 3.467 desempregados que na Mariña están na procura dun posto de traballo e que observan como as políticas desenvolvidas pola Xunta e polo Goberno central son todo un fracaso, incapaces de xerar un só emprego.
Finalmente formulou a seguinte pregunta “¿Cabe a probabilidade de que a contratación de cargos públicos socialistas no pacto territorial polo emprego sexa unha nova fórmula de colocar persoas de confianza en este tipo de chiringuitos para actuar como axentes electorais? Isto é unha dúbida que moitos temos e que lanzamos á opinión pública.”




















Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



