NOTA DE PRENSA DO GMPP DE BURELA
O GMPP afirma que o alcalde enganou ós veciños de Foxo e ocultou información.
Os populares consideran “impresentable” o documento remitido á Xunta .
Afirman que tamén queren ocupar fincas municipais de Torrentes con vivenda protexida.
O GMPP manifestou hoxe nunha nota de prensa que o alcalde enganou ós veciños de Foxo e ocultou información, porque desde que se publicou o anuncio do Plan Sectorial no Diario Oficial de Galicia tardou un mes en remitir cartas ós propietarios, cando puido telos reunido de inmediato e explicarlles os pasos que tiñan que dar, cuestión que tivo que facer o Partido Popular. Para os populares, esta postura, que tamén adoptou Nieves Cando, demostra que estes personajes non teñen ningunha intención en defender os intereses dos veciños, senón que se plegan a intereses políticos.
A xuizo dos populares, o alcalde e Nieves Cando deixaron moitas preguntas sem respostar: desde cando sabían o de Foxo, se houbo contactos prévios côa Xunta, por que non convocaron ós veciños xá no mês de Outubro, por que non se lles facilitou ós veciños um escrito de alegacións.
Tamén quedou claro que non pode haber permutas, porque ninguén quererá permutar suelo urbanizable por non urbanizable, e menos urbano consolidado por urbanizable. É imposible a permuta dunha finca afectada por unha non afectada, ninguén o faria, e moito menos a permuta dunha finca afectada por unha da Xunta, porque a Xunta non ten ningunha.
En canto ó prezo, o prezo máximo é o que é, o que aparece no Plano, e non se pode subir. Se o propietario está de acordo se lle paga, e se non se lle expropia. Pero ademais é imposible pagar en espécie, porque as vivendas que se constrúen son para vender, para financiar precisamente os gastos de urbanización e a construcción das vivendas.
Eso lévanos á conclusión de que o alcalde e Nieves Cando, ademais de ocultar información, tamén mentiron no Pleno, e por riba fan chapuzas impresentables, coma o documento de envio á Xunta de dous informes, que para nada son alegacións. Decir que Foxo non afecte ó PXOM burelés é unha estupidez, porque o próprio Plano Sectorial di todo o contrario, que de estar en fase de redacción o PXOM este deberá contemplar a actuación que se prevé.
Ademais, o escrito que se enviou non se tramitou a través do portelo único, co que se demostra que o alcalde e Nieves Cando non tiñan ningún interese en presentar ningún tipo de alegación.
Pero o peor é que no pleno seguinte dixeron que en determinadas fincas de Torrentes que son de propiedade municipal tamén se ian facer vivendas protexidas, co que se demostra que non hai nin houbo ningún tipo de previsión, que non hai ningún criterio para fixar parcelas a tal efecto, e que Nieves Cando cala ante unha imposición do seu partido, ainda que perxudique ós veciños, e que o alcalde tamén cala, porque se non o fai cáelle o tenderete que ten montado no concello.
Polo tanto, non estaria de mais que tamén lles expliquen ós propietarios de Torrentes tal situación, que non é unha cuestión para deixar de lado.
En Burela, a dous de Xaneiro de dous mil nove.


















Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.



