NOTA DE PRENSA
O GMPP considera “unha bulra e un escándalo” que ainda non se teñan entregadas as chaves das vivendas do Torno.
Culpan a Nieves Cando de dar largas ós adxudicatarios.
Aseguran que hai familias que están en situación económica apurada.
O GMPP burelés indicou hoxe a través dunha nota de prensa que o proceso de entrega das chaves das trinta e duas vivendas sociais de O Torno, comenzadas durante o mandato do PP na Xunta de Galicia, e que contan con licencia de primeira ocupación desde hai ano e medio, “é unha bulra ós adxudicatarios, e un auténtico escándalo”, porque as trinta e duas familias adxudicatarias levan ano e medio sen poder ocupalas.
Para os populares, a Consellería de Vivenda da Xunta de Galicia, e o BNG de Burela, especialmente Nieves Cando, teñen que pedir perdón publicamente polo trato denigrante e insultante que lles están dando ós afectados. Afectados que día si e día tamén van ó concello para que se axilice o proceso e só reciben largas por parte de Nieves Cando. O mesmo acontece se chaman á Xunta de Galicia, que non aclara nada, e eso que levan ano e medio rematadas.
E todo esto ante o pasotismo do alcalde, que “nin está, nin se lle espera”, coma caseque sempre. É realmente deprimente que o alcalde “pase” deste asunto, cando están en xogo as vivendas de trinta e dúas familias e a súa calidade de vida. A verdade é que este alcalde serve para ben pouco.
Como se ve, en época de crise os socialistas e os nacionalistas tratan ós mais necesitados con desprecio e non se preocupan en absoluto polas famílias. En consecuencia, cando falan de adoptar medidas para atallar a crise, minten, porque nin toman ningunha, nin toman ningunha que axude ós máis necesitados.
Segundo o GMPP, todo o que di a consellería sobre vivendas protexidas é fume, porque en Burela aínda non foron capaces de entregar as chaves destas trinta e dúas, tampouco foron capaces de cederlle á Xunta a finca de Torrentes, o que demostra que en Burela non se iniciou ningún expediente para comenzar nin unha soa vivenda protexida nova.
Pola contra, buscan o enfrontamento cos veciños expropiando solares en Foxo a cincuenta e seis euros e especulando despois con eles.
Finalmente, o PP pide que se entreguen as chaves urxentemente ós adxudicatarios, porque a situación xa é insostible. Nós xá dixemos que as chaves se entregarían en Febreiro; se así o fan, o desprecio ós cidadáns e uso clientelar dos cartos públicos que fai o BNG quederán sobre da mesa.
O PP reúnese con colectivos veciñais.
O PP, continuando coa liña habitual de manter reunións periódicas cos colectivos e asociacións burelesas, manterá hoxe unha reunión coa Asociación de Veciños O Vencello, para tratar asuntos de interese xeral para os veciños e veciñas de Burela.
Igualmente, mañán, xoves, o PP tén prevista unha reunión con directivos da Asociación de Veciños das Casas Baratas, para tratar temas propios do barrio, así como aqueles que, ainda sendo de interese xeral, poidan ter especial incidencia nos veciños que ocupan estas vivendas.
En próximos días o PP manterá reunión con representantes de outros colectivos con ámbito de actuación en Burela.
En Burela,a vinteún de Xaneiro de dous mil nove.
O Partido Popular de Burela.


















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



